Gardacostas de Galicia incauta 6.000 cacharros e nasas de polbo desde o inicio da veda desta especie que ten como finalidade a recuperación do recurso
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Desde o pasado mes de abril, cando comezou a parada biolóxica, os operativos despregados por este servizo autonómico permitiu o comiso de 1.287 quilos deste octópodo
- A maioría dos aparellos requisados están concentrados na área de A Guarda- Ría de Vigo, cun 78%, moi por diante doutras zonas como a que abarca Fisterra- Porto do Son (9,7%) ou Arousa Sur (8,5%)
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025
O pasado mes de abril deu comezo a parada biolóxica que foi sucedida por dous meses de veda que finalizará o vindeiro 1 de xullo. O obxectivo desta medida técnica, enmarcada no plan do polbo, é axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sostible deste recurso pesqueiro. No tempo transcorrido o servizo autonómico de Gardacostas de Galicia intensificou os operativos para velar o cumprimento da prohibición da captura deste cefalópodo por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo.
Nos últimos dous meses as actuacións realizadas por este departamento autonómico permitiu o comiso dun total de 1.287 quilos desta especie, o 64% na área de A Guarda- Ría de Vigo. Nesta liña, esta mesma zona concentrou o 77,6% das incautacións de cacharros, 4.613, que xunto coas nasas de polbo retiradas suman un total de 4.655 aparellos. Cifras moi por detrás doutras zonas como Fisterra-Porto do Son con 584 (9,7%) e Arousa Sur con 512 (8,5%) cacharros e nasas. Cifras que son complementadas coas rexistradas en Ferrol con 159 (2,7%), Pontevedra- A Lanzada con 61 (1%) nasas e a costas lucense con 28 (0,5%) aparellos.
O 62% das incautacións tiveron lugar ao longo do mes de abril, primeiro mes no que entrou en vigor a prohibición, cun total de 3.723 cacharros e nasas incautados grazas ao despregue de efectivos de Gardacostas por toda a costa galega. Unha presión contra a actividade furtiva que tivo os seus efectos no mes de maio reducindo en case o 40% a retirada destes artes de pesca ata os 2.276. Desde o servizo autonómico, dependente da Consellería do Mar, explican que en moitas ocasións estes aparellos conteñen no seu interior femias ovando, o que pon en risco a conservación desta especie, polo que son devoltas ao mar. Gardacostas continuará intensificando a persecución da actividade furtiva despregando novos operativos ao longo deste mes de xuño por todo o litoral da comunidade.