A Xunta destaca o transporte escolar compartido como unha fortaleza da mobilidade galega

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Mobilidade abordou no Parlamento as claves deste sistema, que, segundo afirmou, espertou o interese doutras comunidades autónomas
  • Neste curso máis de 43.000 estudantes de case medio milleiro de centros educativos usan o servizo integrado
Imagen del artículo A Xunta destaca o transporte escolar compartido como unha fortaleza da mobilidade galega
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, abordou hoxe no Parlamento o funcionamento do transporte escolar compartido, que neste curso move máis de 43.000 estudantes de case medio milleiro de centros educativos. Para Fontela, este sistema integrado é unha fortaleza da mobilidade galega pola súa eficacia e eficiencia, e mesmo espertou o interese doutras comunidades autónomas para aplicalo nos seus territorios.

Segundo sinalou, cada vez máis usuarios xerais optan por este transporte, que, ademais de achegar a rede de autobús a un elevadísimo número de núcleos de poboación, faino en horarios de moita mobilidade. "Facilítanselle así á cidadanía os desprazamentos para realizar xestións e para acudir a postos de traballo, á asistencia sanitaria ou ao ensino, entre outros", apuntou. De feito, o ano pasado case un millón de usuarios xerais viaxaron no transporte compartido.

Judit Fontela referiuse tamén a este servizo como "peza esencial no modelo do Plan de Transporte Público de Galicia, no que supuxo o incremento de 2.200 liñas, máis de 21.000 paradas e suma máis de 700.000 circulacións anuais". A directora xeral salientou o esforzo de xestión e orzamentario que realiza cada ano a Xunta para optimizalo de acordo coas novas necesidades: só neste curso incorporáronse preto de 500 paradas e o investimento superou os 15 millóns de euros.

Incidiu ademais no traballo de seguimento diario para coñecer as incidencias ou desaxustes que se produzan e buscarlles unha rápida solución. O control da calidade do sistema complétase con traballos de campo que inclúen enquisas aos centros educativos e observación directa. "A través deles comprobamos que, con carácter xeral, os case 4.000 servizos integrados que se prestan a diario funcionan axeitadamente", engadiu.

Melloras no próximo curso

Neste labor de mellora continua, Judit Fontela avanzou que, de cara ao novo curso, estanse a estudar medidas para "ofrecer un servizo nas mellores condicións". Entre os obxectivos está facilitarlle o transporte ao alumnado de ensino non obrigatorio, que non ten dereito a praza no transporte escolar, adaptando as liñas de uso xeral ás súas necesidades. Con respecto a este colectivo, a directora xeral lembrou que tamén poden viaxar de balde grazas á Tarxeta Xente Nova.

A maiores, segundo anunciou, no próximo curso realizarase unha nova integración de liñas que forman parte do transporte escolar de uso especial, no marco da revisión dos contratos de transporte escolar dos que se está a ultimar a licitación. "Trátase dunha ducia de rutas que teñen encaixe no transporte interurbano e que permitirán ampliar a oferta de autobús compartido", afirmou.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/06/2025
1042277 {"title":"A Xunta destaca o transporte escolar compartido como unha fortaleza da mobilidade galega","published_date":"2025-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1042277"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-06/1042277-xunta-destaca-transporte-escolar-compartido-como-unha-fortaleza-da-mobilidade-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.