Belén do Campo destaca o papel da asociación de empresarias rurais Aser na dinamización do agro galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Asociación de Empresarias Rurais (Aser) ten como finalidade a promoción e o desenvolvemento da empresaria rural e do seu territorio
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 6 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, mantivo un encontro coas representantes da Asociación ASER, que preside Isolina Raña, un colectivo que agrupa mulleres empresarias do ámbito rural, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades e reforzar as vías de colaboración entre a entidade e a administración autonómica.
Durante a reunión, a delegada trasladoulles a vontade da Xunta de Galicia de seguir colaborando activamente con ASER, apoiando as iniciativas que impulsen no ámbito da igualdade de oportunidades, o emprendemento feminino e a mellora da calidade de vida no rural galego.
"A muller rural é unha peza clave na dinamización económica, social e cultural de Galicia. A súa contribución ao tecido produtivo e á sostibilidade do medio rural é fundamental e debe ser recoñecida e apoiada", sinalou a representante autonómica.
No transcurso do encontro, abordáronse temas como a vivienda, a mobilidade. a formación, a conciliación, o acceso aos recursos ou o papel das mulleres nas actividades agrarias, gandeiras e de transformación.
Asociación de Empresarias Rurais (ASER) ten como finalidade a promoción e o desenvolvemento da empresaria rural e do seu territorio. A entidade naceu en novembro de 2009, e conta cunha nova xunta directiva renovada no ano 2023, agrupa a empresarias e profesionais pertencentes a moi diversos sectores económicos con actividade no rural galego, que comparten a necesidade de afondar na consecución duns obxectivos comúns nos ámbitos de formación, cooperación, participación e visibilidade, construción de referentes, promoción das empresas, impulso do emprendemento e fomento da igualdade.