Javier Arias abre as festas do Castiñeiro cun pregón que lembra as orixes do barrio e gaba o labor veciñal
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 5 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, pronunciou hoxe o pregón das festas patronais do barrio do Castiñeiro, en Lugo, que se prolongarán ata o domingo e que contan co apoio do Goberno galego.
Arias lembrou que a zona medrou rapidamente coa expansión da cidade desde mediados do pasado século, pero soubo respectar "o nome e o espírito" do antigo souto de castiñeiros, "que non foron varridos da contemplación nin da memoria".
Nesa liña, o delegado apuntou que "á beira dos vellos castiñeiros" construíronse edificios, implantáronse actividades económicas e creáronse dotacións públicas, dando lugar a "un puxante barrio que cada ano polo San Antonio convértese no centro da cidade".
Javier Arias tivo palabras de agradecemento para a asociación Nova Abella, como organizadora dos festexos, e en xeral para as asociacións veciñais que "crean comunidade promovendo espazos de encontro como este" e están ao servizo "dos seus propios veciños, do seu barrio e da cidade".