A Xunta reforza con 333.000€ o orzamento inicial das axudas para auditar as redes de abastecemento municipais co obxectivo de atender todas as solicitudes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O 'Diario Oficial de Galicia' publica hoxe a resolución pola que se amplía o crédito da orde de subvencións convocada por Augas de Galicia a finais do mes de febreiro
- O organismo hidráulico porá este ano á disposición das entidades locais galegas case 7,5 millóns de euros a través de seis liñas de axudas co obxectivo común de mellorar o funcionamento dos sistemas de abastecemento e de saneamento municipais

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025
A Xunta incrementa en 333.000 euros o orzamento inicial da orde de axudas dirixida a entidades locais de menos de 50.000 habitantes para realizar auditorías de abastecemento nas súas redes e detectar posibles fugas e puntos sensibles. Así se recolle na resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia pola que comunica a ampliación do crédito da convocatoria (200.000 euros).
Ante a existencia de fondos e atendendo ao importante número de solicitudes recibidas, o organismo hidráulico Augas de Galicia decidiu ampliar a dotación inicialmente prevista para poder atender a todos os concellos que solicitaron en tempo e forma a subvención e que cumprían cos requisitos establecidos na propia orde. Deste xeito, a previsión é outorgar un total de 46 axudas por importe de 533.763,82 euros.
Grazas a estes incentivos económicos, que se publicaron o pasado 24 de febreiro, as entidades locais beneficiarias recibirán ata 15.000 euros para analizar o funcionamento dos seus sistemas de traída municipal co fin de elaborar posteriormente plans de actuación para minimizar as perdas de auga.
De feito e para darlle continuidade ao traballo realizado naqueles concellos que xa completaron en anos anteriores a análise dos seus respectivos sistemas de abastecemento, Augas de Galicia publicou tamén en 2025 axudas para financiar obras que optimicen o funcionamento das súas redes e reduzan ao mínimo as perdas de auga. Cun orzamento global asignado de 2,5 millóns de euros, a contía máxima destes incentivos será de 45.000 euros e poderá cubrir o 100% dos investimentos.
Por último, cómpre lembrar que este ano a Xunta porá á disposición das entidades locais galegas case 7,5 millóns de euros a través de seis liñas de axudas co obxectivo común de contribuír a mellorar o funcionamento dos seus sistemas de abastecemento e de saneamento municipais de augas e ofrecer un mellor servizo á cidadanía neste eido.