López Campos enxalza a "eclosión cultural" que vive Galicia e anima o sector "a ser ambicioso e seguir medrando" co apoio da Xunta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Manuel Lourenzo, Pepe Barro, Marta Pazos, Joaquín Martínez, Ficción Producións, Julia Díaz, Xosé Manuel González e o Real Club Celta de Vigo, entre os galardoados
  • O responsable de Cultura do Goberno galego considera que os premiados representan o "selo de Galicia Calidade" que define a Comunidade
  • Estas distincións están consideradas como o maior recoñecemento outorgando neste eido e buscan pór en valor o esforzo e o talento creativo
Imagen del artículo López Campos enxalza a eclosión cultural que vive Galicia e anima o sector a ser ambicioso e seguir medrando co apoio da Xunta
Ferrol, 5 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe a "eclosión cultural" que vive Galicia e animou o sector "a non conformarse, ser ambicioso e seguir medrando" para o que comprometeu o apoio da Xunta. Así o salientou no Teatro Jofre, de Ferrol, na gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2024, considerados o maior recoñecemento outorgado na nosa Comunidade para pór en valor o esforzo e o talento creativo.

"Anímovos a continuar creando compartindo e crendo na potencialidade da cultura galega que nos une e nos fai sentir orgullosos", encomendoulles López Campos aos galardoados que nesta edición foron o escritor Manuel Lourenzo, na categoría de Letras; o deseñador gráfico Pepe Barro, a de Artes Visuais; a actriz e dramaturga Marta Pazos, en Artes Escénicas; e o xestor cultural Joaquín Martínez 'Kin', na de Música.

Ademais, Ficción Producións recibiu a distinción no eido do Audiovisual; a xornalista Julia Díaz, en Lingua; o historiador Xosé Manuel González, en Patrimonio Cultural; e o Real Club Celta de Vigo, na de Proxección Exterior polo himno Oliveira dos cen anos, composto co gallo do seu centenario.

"Sodes sinónimo de excelencia, entrega e impulso á cultura galega en toda as súas expresións", valoroulles o representante do Goberno galego aos distinguidos cos Premios da Cultura Galega 2024, aos que erixiu como representantes do "selo de Galicia calidade". Todos eles recibiron como agasallo unha escultura do artista Manuel Patinha, de orixe portuguesa, pero afincando desde hai tempo na comarca de Ferrolterra.

Na súa intervención, o titular de Cultura da Xunta deulles os parabéns aos oito galardoados "por axudar a construír o futuro de Galicia", a través do seu traballo creativo. "Unha Galicia que se proxecta ao mundo desde a súa cultura que é cada vez máis diversa, plural e inclusiva", engadiu en referencia á recente e pioneira Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro.

Os oito premiados e premiadas

O conselleiro tivo palabras eloxiosas para todos os galardoados, comezando polo dramaturgo Manuel Lourenzo, de quen salientou o seu "papel fundamental" para o nacemento e consolidación do teatro galego, e cuxo premio foi recollido polo director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez.

De igual xeito, gabou a contribución á anovación do deseño de Galicia de Pepe Barro. "Os seus traballos xa forman parte do imaxinario colectivo galego, servindo de sinal de identidade para propios e alleos", asegurou. Na mesma liña, enxalzou as propostas "arriscadas e vangardistas" nas artes escénicas de Marta Pazos, "que contan con recoñecementos e premios dentro e fóra de Galicia".

No eido musical, erixiu o premiado Joaquín Martínez 'Kin' como "un dos referentes culturais no panorama nacional e internacional". "E se falamos de crear identidade e de amosar ao mundo a riqueza cultural que temos en Galicia, é obrigado facer mención e distinguir a Ficcións Producións, liderada por Mamen Quintas e Julio Casal", aseverou con respecto ao galardón que recibiron na categoría de Audiovisual.

Sobre a xornalista Julia Díaz, puxo en valor o seu "carácter pioneiro" en introducir o galego nos medios de comunicacións da cidade de Ferrol. "A súa longa traxectoria é o fiel reflexo do compromiso pola verdade e pola defensa do noso idioma", subliñou.

En canto a Xosé Manuel González Reboredo, situouno como unha "das figuras máis destacadas da antropoloxía galega contemporánea". "Desde a súa mirada rigorosa e sensible consigue desentrañar e preservar a nosa riqueza cultural a través das súas múltiples publicacións", apuntou.

Finalmente, considerou que o premio á proxección internacional de Galicia ao Real Club Celta de Vigo supón un recoñecemento "á reivindicación das nosas tradicións e da defensa incansable da nosa lingua" e que, segundo argumentou, reflíctese nese "himno para toda Galicia", Oliveira dos cen anos, composto polo músico C. Tangana.

A gala dos Premios da Cultura Galega 2024 adobiou homenaxe ás cantareiras, ás que se lle dedicou as Letras Galegas este ano, coa celebración do Ano Castelao, xa que se empregou un pano escénico deseñado polo propio artista de Rianxo. Ademais, contou coas actuacións do Coro Encaixe, Nova Galicia Danza e de Sara Gimeno 'Ares', gañadora do Xuventude Crea 2024, na categoría de Música.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/06/2025
1042115 {"title":"López Campos enxalza a \"eclosión cultural\" que vive Galicia e anima o sector \"a ser ambicioso e seguir medrando\" co apoio da Xunta","published_date":"2025-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1042115"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-05/1042115-lopez-campos-enxalza-eclosion-cultural-vive-galicia-e-anima-sector-ser-ambicioso-e-seguir-medrando-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.