A Casa de Galicia acolle a presentación da biografía "Vida de Rosalía de Castro", de María Luisa Maillard
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Trátase da 45º entrega da colección de biografías de mulleres relevantes
- Con este acto a Casa de Galicia reforza a súa aposta por proxectar a literatura galega fora da comunidade

Madrid, 5 de Xuño de 2025
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro Vida de Rosalía de Castro, escrito por María Luisa Maillard. A obra é a entrega número 45 da colección de biografías que a editorial Eila publica en colaboración coa Asociación Matritense de Mulleres Universitarias, co obxectivo de poñer en valor o papel histórico e cultural das mulleres máis destacadas.
O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, que subliñou a relevancia da figura homenaxeada: "Rosalía de Castro, a dama do Rexurdimento, foi unha muller valente que dignificou o galego como lingua literaria tras anos na sombra".
Ramos estivo acompañado pola autora da obra, María Luisa Maillard, por Isabel Albedro, catedrática de socioloxía e polo director de cine, Felipe Vega.
Durante o evento, destacouse a importancia de achegar a figura de Rosalía ás novas xeracións, recoñecendo o seu papel pioneiro na defensa da lingua galega, da identidade e dos dereitos das mulleres.
Esta nova publicación súmase á programación cultural da Casa de Galicia para os meses de verán, coa que a representación institucional da Xunta en Madrid promove a difusión do patrimonio literario e cultural galego fóra da comunidade.