A Festa da Rosa de Mos enche de cor a Casa de Galicia en Madrid
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Casa de Galicia destacou o valor patrimonial e a dimensión global desta festa nacida arredor da Rosa dos Quirós
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 5 de xuño de 2025
A sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta mañá a presentación da Festa da Rosa de Mos, un evento que pon en valor as tradicións locais, o patrimonio cultural e a capacidade de proxección exterior dos concellos galegos.
O acto tivo lugar na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia e contou coa participación do seu directo, Luis E. Ramos; da alcaldesa de Mos e senadora, Nidia Arévalo; da ex presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; e do director da Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén, entre outras autoridades e representantes do tecido asociativo.
Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia deu a benvida aos asistentes lembrando que "hoxe presentamos unha festa global, nacida en 1973 para poñer en valor a Rosa dos Quirós, a rosa duns marqueses que podemos ver no escudo municipal". Subliñou ademais que "a partir da extraordinaria beleza dunha rosa, Mos desenvolveu un programa festivo para todos os sentidos que inclúe a festa da empanada e o pan de millo".
Luis E. Ramos destacou que para a Casa de Galicia é "un auténtico pracer acoller esta presentación" e aproveitou para poñer en valor a diversidade territorial e cultural do país: "Galicia é un paraíso en cada un dos seus 313 concellos e durante os 365 días do ano. Busquen o que busquen, atoparano con etiqueta Galicia Calidade".
O director tamén fixo fincapé no carácter hospitalario do pobo galego e na súa capacidade para ofrecer experiencias únicas: "Galicia é praia, montaña, paisaxes de soño, exquisita gastronomía, refuxio climático e, sobre todo, unha terra acolledora de xente xenerosa. Aos que xa nos coñecen, convidámolos a volver; aos que aínda non viñeron, anímense."
Por último, animou aos asistentes a achegarse á programación da Casa de Galicia en Madrid, lembrando que "as portas están abertas, como en Galicia, e intentamos ofrecer sempre o mellor. Se algún día senten morriña, aquí estamos, coa mellor representación que poden atopar de Galicia na capital do Estado."
A Festa da Rosa, que se celebra no mes de xuño, ofrece unha ampla programación cultural, artística e gastronómica, converténdose nun referente de dinamización local e proxección exterior do municipio de Mos. Ademais este ano a programación complétase co concerto de Juan Magán, que forma parte dos Concertos do Xacobeo.