A Xunta organiza un simulacro de incendio forestal en Rianxo para ensaiar o sistema de coordinación dos diferentes corpos e servizos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada da Xunta lembrou que esta actividade lévase a cabo na comarca do Barbanza por tratarse dunha das zonas de risco con máis incidencia de incendios forestais
  • O obxectivo do simulacro, no que participaron máis dun centenar de persoas, foi comprobar a coordinación dos servizos implicados cos centros de coordinación de emerxencias no caso de situacións de lume con risco para bens, persoas e infraestruturas
Imagen del artículo A Xunta organiza un simulacro de incendio forestal en Rianxo para ensaiar o sistema de coordinación dos diferentes corpos e servizos
Rianxo (A Coruña), 5 de xuño de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, a directora territorial da Consellería de presidencia, Xustiza e Deporte, Mar Ferreiro, e o xerente da AXEGA, Marcos Araujo, participaron, esta mañá, nun simulacro de Activación do Plan especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais en Galicia (PEIFOGA) e o seu paso a situación 2 por un incendio forestal en Rianxo.

A delegada da Xunta lembrou que esta actividade lévase a cabo na comarca do Barbanza por tratarse dunha das zonas de risco con máis incidencia de incendios. O obxectivo do simulacro, no que participaron máis dun centenar de persoas, foi comprobar a coordinación dos servizos implicados cos centros de coordinación de emerxencias no caso de situacións de lume con risco para bens, persoas e infraestruturas.

Belén do Campo explicou que o incendio iniciouse ás 8:45 horas na zona de Burés (parroquia de Asados) e foi avanzando cara ao suroeste ameazando a AG-11 e a diversos núcleos de poboación do termo municipal (Burés, O Barral, Somoza e proximidades do IES feliz Muriel) o que obrigou, por evolución desfavorable, a declarar primeiro a situación 1 (afección leve a bens de natureza non forestal), ao redor das 10:00 horas, e posteriormente a situación 2, sobre as 10:30 horas, (que é aquela na que afecta gravemente a bens non forestais obrigando a tomar medidas de protección para a poboación) neste caso afectou a varios núcleos de poboación da parte sur do municipio e a vías de comunicación.

As actuacións propias de extinción do incendio e de protección á poboación continuaron ata ás 13:00 horas que se informou de que xa non existían nucleos de poboación ameazados e deuse por controlado o incendio. Belén do Campo explicou que declarada a situación 2 asume a dirección do PEIFOGA (Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais de Galicia), a Delegada Territorial da Xunta de Galicia na Coruña coordinando os correspondentes centros de mando e control (Centro de Coordinación Operativa - CECOP e Posto de Mando Avanzado -PMA).

Con este exercicio, explicou a representante do Goberno autonómico, "tratamos de simular unha emerxencia provocada por un incendio forestal para avaliar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes. Deste xeito, ademais de comprobar a operatividade do PEIFOGA serve para probar a súa coordinación co Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA).

Ademais da extinción, neste simulacro, os participantes adestraron actividades como a realización de cortes de estradas, a posta en práctica de accións de protección á poboación consistentes en evacuacións e confinamentos, segundo a evolución do incendio, ou a elaboración dunha mensaxe a través do sistema Es Alert con indicacións sobre as medidas de protección á poboación.

O simulacro permite ademais adestrar os sistemas de comunicación, informar á poboación das medidas de autoprotección e, sobre todo, testar as tarefas asignadas aos órganos de mando e coordinación e aos distintos grupos operativos e de apoio.

100 Participantes

No simulacro participaron 100 membros do persoal e medios do servizo de Prevención de Incendios Forestais de Medio Rural, persoal da dirección xeral de Emerxencias e Interior, a Axencia Galega de Emerxencias (112 e Grupo de Apoio Loxístico), membros do Consorcio Provincial de Bombeiros da Coruña (parque de Boiro), GES de Padrón, GES de Noia, grupo municipal de emerxencias de Ribeira, urxencias sanitarias 061, Cruz Vermella Española, Unidade de Policía Adscrita (UPA - Policía Autonómica), Garda Civil, Policía Local de Rianxo e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/06/2025
1041815 {"title":"A Xunta organiza un simulacro de incendio forestal en Rianxo para ensaiar o sistema de coordinación dos diferentes corpos e servizos","published_date":"2025-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1041815"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-05/1041815-xunta-organiza-simulacro-incendio-forestal-rianxo-ensaiar-sistema-coordinacion-dos-diferentes-corpos-e-servizos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.