Aberto o prazo de solicitudes para as subvencións de equipamentos deportivos que contará cun orzamento de preto de 1,5 millóns de euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través DA sede electrónica da Xunta e o prazo de presentación será dun mes, contado a partires de mañá
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. En total contará cun orzamento de preto 1,5 millóns de euros (1.440.000 euros) para os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas que poderán recibir anticipos dos pagamentos ata ao 100% da subvención concedida.
O crédito distribuirase en dúas liñas en función da natureza dos destinatarios. A primeira delas será para os clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas (1.162.000 euros), mentres que a segunda será para as federacións deportivas (278.000 euros). Dentro de cada unha das liñas, destinarase ata un 40% do crédito para a adquisición de equipamento destinado á mobilidade como son as 'furgonetas e vehículos a motor de transporte de deportistas e material de competición e adestramento como embarcacións'.
En ambas as dúas liñas subvencionarase ata un máximo de 10.000 euros para o equipamento destinado a mobilidade e ata un máximo de 5.000 euros para o resto do material. En total, a Xunta sufragará o 80% do custo do equipamento subvencionado. O prazo para executar o proxecto subvencionado e presentar a correspondente xustificación será ata o 31 de outubro de 2025.
Cómpre salientar que esta liña de subvencións para equipamento deportivo chega despois de que en 2023 se levase a cabo a primeira orde específica para equipamentos de deporte adaptado pola que se concederon axudas por importe de 227.000 euros. Con anterioridade, en 2022, a Xunta acadou o récord histórico de investimento neste sentido con máis de 4,6 millóns de euros para equipamentos deportivos. En total, dende o exercicio 2019 e sumando esta nova liña, o Goberno galego destinou un total de 12 millóns de euros a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación será dun mes, contado a partires de mañá.