A Xunta destaca o liderado de Galicia nos eventos de fútbol base na presentación do VI Torneo Internacional MS2 Cup de Michel Salgado
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral para o Deporte apunta que de 100.000 licenzas deportivas coas que conta a Real Federación Galega de Fútbol, case o 50% son de nenos e nenas entre 6 e 16 anos inscritos no Programa Xogade
- A delegada da Xunta en Vigo sinala a importancia de que Vigo siga acollendo eventos tan importantes como o Torneo Internacional Michel Salgado e agradece ao ex futbolista a súa aposta pola cidade olívica
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 5 de xuño de 2025
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou esta mañá a VI edición do Torneo Internacional MS2 Cup organizado polo ex futbolista Michel Salgado que terá lugar na cidade deportiva da Madroa do 6 ao 15 de xuño e que ofrecerá competicións sub 19, sub 16 e sub 14 de fútbol 11; sub 12, sub 10 e sub 8 de fútbol 8; así como o partido de fútbol inclusivo entre o Celta Integra e o Deportivo Genuine.
Lete Lasa destacou a carreira do que foi "o mellor lateral dereito de España" e algúns dos fitos máis salientables como as Champions League de 2000 e 2002 co Real Madrid. O secretario xeral, dixo, que estes éxitos son o mellor exemplo para os cativos de que "con esforzo e traballo todo se pode conseguir". Neste sentido, apuntou que, das máis de 100.000 licenzas deportivas coas que conta a Real Federación Galega de Fútbol, case o 50% son de nenos e nenas entre 6 e 16 anos inscritos no Programa Xogade da Xunta que sufraga o seu seguro deportivo. No que respecta ao deporte adaptado, o mandatario galego subliñou a importancia da inclusión e da "visibilidade das persoas con diversidade que fan deporte para que estean ao mesmo nivel que todos os demais". Deste xeito lembrou o pulo da Xunta que, dende 2004, igualou as bolsas para deportistas con e sen discapacidade sendo pioneira neste ámbito.
O secretario xeral asegurou que Galicia é líder na organización de eventos de fútbol base tanto no eido nacional como internacional como demostran cada verán o Arousa Fútbol 7, o Torneo Internacional Congalsa, a Copa Ribadumia ou a propia MS2 Cup.
Pola súa banda, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, sinalou a importancia de que Vigo siga acollendo eventos tan importantes como o Torneo Internacional Michel Salgado e agradeceu ao ex futbolista a súa aposta pola cidade olívica. "O fomento do deporte base e os valores de compañeirismo, esforzo, traballo, respecto e superación quedan inexorablemente unidos á cidade de Vigo a través dun torneo que xa é referente internacional", dixo.