A Xunta licita por 1,7 millóns de euros a posta en marcha dun sistema integral de xestión de imaxe para o bloque cirúrxico do Hospital Novo Montecelo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Este equipamento está especificamente deseñado para levar a cabo intervencións de cirurxía convencional e intervencións minimamente invasivas de alto risco guiadas por imaxe
- As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 20 de xuño para presentar as súas ofertas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025
O Servizo Galego de Saúde publicou no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación, por importe de 1.697.630 euros, para a subministración, instalación e posta en marcha dun sistema integral de xestión de imaxe con destino ao bloque cirúrxico do Hospital Novo Montecelo de Pontevedra.
Cada un dos 11 quirófanos que conforman este bloque contará coa incorporación deste novo sistema, que garantirá a xestión, enrutamento, distribución, gravación e transmisión de vídeo, audio e datos en tempo real, e facilitará a integración cos sistemas corporativos do centro (HIS, PACS, etc.).
O quirófano híbrido co que contará o centro hospitalario pontevedrés tamén estará dotado dun sistema de videoconferencia e streaming especificamente deseñado para levar a cabo intervencións de cirurxía convencional e intervencións minimamente invasivas de alto risco guiadas por imaxe.
Ademais do sistema integral de xestión de imaxe, este equipamento conta cun equipo de monitorización, mesa de exploración, ferramentas de visualización, columna de anestesia, subministro e cirurxía, así como un sistema integro de iluminación cirúrxica.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 20 de xuño para presentar as súas ofertas.