A Xunta suma un novo treito de senda na PO-308 en Poio, entre Fontenla e Combarro, cun investimento de 1,7 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O itinerario discorre pola marxe esquerda da estrada autonómica ao longo de case 1,7 quilómetros, e a actuación incluíu outras intervencións como unha pasarela sobre o arroio da Cancela ou un novo itinerario no viario de baixada á Seca
  • Ademais, para garantir a seguridade na circulación rodada, abordouse a mellora das interseccións, entre elas, a de acceso ao instituto e habilitáronse dúas glorietas, unha delas de acceso á zona de Seca
  • Allegue destacou a aposta da Xunta por estas sendas, "fundamentais para garantir a seguridade e os desprazamentos da cidadanía e fomentar a mobilidade sostible"
  • A senda únese á xa executada entre Covelo e Raxó e a Xunta prepara o proxecto para o itinerario que unirá Combarro e Covelo, "de xeito que acadaremos así un itinerario continuo e seguro, entre sendas e beirarrúas, entre San Xoán (Poio) e A Lanzada"

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Poio (Pontevedra), 5 de xuño de 2025

A Xunta vén sumar un novo itinerario peonil e ciclista na estrada autonómica PO-308 entre Fontenla e Combarro, no concello de Poio. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitou hoxe a zona onde se desenvolveu a actuación, na que se investiron 1,7M€ de fondos europeos MRR.

A nova senda, que ten unha lonxitude de 1,7 quilómetros, permite a circulación de peóns e ciclistas non deportivos pola marxe esquerda da estrada autonómica PO-308, desde a glorieta que dá acceso á variante norte de Poio ata o núcleo de Combarro.

A actuación completouse con outras intervencións como a habilitación dunha pasarela sobre o arroio da Cancela, así un novo itinerario no viario de baixada á Seca, a dotación de zonas axardinadas, mobiliario urbano ou a disposición de catro novas marquesiñas nas paradas de autobús, ademais das actuacións na rede de drenaxe, de abastecemento, electricidade e iluminación.

Ademais, para garantir a seguridade na circulación rodada, abordáronse medidas para contribuír a calmar o tráfico: a mellora das interseccións, entre elas, a de acceso ao instituto ou a habilitación de dúas glorietas, unha delas de acceso á zona de Seca.

A conselleira destacou que esta actuación permite conectar varios puntos de interese no concello de Poio, como son o conxunto histórico de Combarro, así como o parque da Seca, o colexio Isidora Riestra ou a praia do Padrón. E incidiu en que estas actuacións "son fundamentais para garantir a seguridade e os desprazamentos da cidadanía e fomentar a mobilidade sostible", sinalando neste senso o elevado tráfico que se rexistra nesta estrada que canaliza a circulación entre Pontevedra e O Salnés e sirve de acceso ás praias, con máis de 12.000 vehículos diarios neste treito e ata 16.000 no treito máis próximo a Pontevedra.

"Seguimos tecendo por toda Galicia a gran rede que son as nosas sendas, novos camiños para peóns e para afeccionados á bicicleta, que son tamén marca Galicia calidade", destacou Allegue, que lembrou que este itinerario se une ao xa executado nesta estrada PO-308 en Poio, entre Covelo e Raxó.

Ambas intervencións, forman parte do Plan de Sendas de Galicia, co que a Xunta levamos xa acadados 300 km de itinerarios nas estradas autonómicas e que recibiu o recoñecemento da Unión Europea.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avanzou que na segunda fase deste plan se abordará outro treito de senda nesta PO-308 que unirá Combarro, onde agora finalizou a obra, con Covelo, que se cofinanciará con fondos europeos FEDER, "de xeito que acadaremos así un itinerario continuo e seguro, entre sendas e beirarrúas, entre San Xoán (Poio) e a praia da Lanzada (Sanxenxo), que permitirá ir andando ás praias desta contorna privilexiada que desfrutamos".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 05/06/2025
1041666 {"title":"A Xunta suma un novo treito de senda na PO-308 en Poio, entre Fontenla e Combarro, cun investimento de 1,7 M€","published_date":"2025-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/186423-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1041666"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-05/1041666-xunta-suma-novo-treito-senda-na-po-308-poio-fontenla-e-combarro-cun-investimento-1-7-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.