A Xunta licita por máis de 435.000 euros as obras da nova pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, no Concello de Ourense

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Manuel Pardo explicou que que o proxecto recolle as actuacións necesarias para a execución dunha pasarela peonil na contorna do punto quilométrico 1+000 da estrada OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos no que existe un estreitamento de calzada, co fin de mellorar a seguridade peonil nese ámbito
  • O delegado territorial manifestou que esta actuación atende ás necesidades de mellora da seguridade viaria nesta contorna con paso constante de peóns que fan uso dos distintos servizos existentes na zona
  • Tamén destacou o esforzo da Xunta pola mellora da rede viaria e a dotación de itinerarios que favorezan os desprazamentos a pé de modo máis cómodo e seguro aos ourensás

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 04 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá Cudeiro, no concello de Ourense, para informar do anuncio de licitación das obras da nova pasarela peonil na OU-150, nas que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vai investir máis de 435.000 euros, e que terá un prazo máximo de execución de 6 meses.

O delegado territorial explicou que o proxecto recolle as actuacións necesarias para a execución dunha pasarela peonil na contorna do punto quilométrico 1+000 da estrada OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos, no que existe un estreitamento de calzada, co fin de mellorar a seguridade peonil nese ámbito.

Unha "importante actuación" que segundo Manuel Pardo "atende ás necesidades de mellora da seguridade viaria nesta contorna con paso constante de peóns que fan uso dos distintos servizos existentes na zona". "Un exemplo máis -mantivo o delegado- dos esforzos da Xunta pola mellora da rede viaria e a dotación de itinerarios que favorezan os desprazamentos a pé de modo máis cómodo e seguro aos veciños".

A nova pasarela peonil

A estrutura proxectada terá tipoloxía estrutural de pórtico con canto variable, en aceiro. Constará de dous vans, o principal de 35,35 metros entre apoios e o máis pequeno de 18,85 metros, mantendo un esquema simétrico dende a pila ata o canto máis reducido. A lonxitude total do taboleiro será de 54,20 metros. A sección transversal terá un ancho de 2,50 metros transitables, e conformarase de barras tubulares en celosía.

O alzado do estribo 1 disporá dun intradorso que permitirá o apoio do arco inferior, e un extradorso vertical. O cargadeiro superior protexerase cun muro de 20 centímetros de espesor. O estribo 2 disporá dun extradorso e intradorso vertical para recibir o arco inferior, e tamén o cargadeiro protexerase cun muro de 20 centímetros de espesor. En ambos os estribos será necesaria a disposición dun muro de acompañamento na marxe dereita, que conterá as terras dos accesos á pasarela. Estes muros serán de coieira, cunha altura máxima de 2 metros.

A pila comporase dun tronco formado por un pedestal de formigón de 75 centímetros de altura, sobre o que se soportará un tubular cadrado de aceiro cunha altura de 1,35 metros dende a que se ramificará en catro soportes con tubulares cadrados de sección variable, ata unha altura de 3,74 metros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/06/2025
1040573 {"title":"A Xunta licita por máis de 435.000 euros as obras da nova pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, no Concello de Ourense","published_date":"2025-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/186036-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1040573"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-04/1040573-xunta-licita-mais-435-000-euros-as-obras-da-nova-pasarela-peonil-na-ou-150-cudeiro-concello-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.