A Xunta participa nun simulacro de incendio de nivel 2 orixinado no concello de Riotorto

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial, Javier Arias, explica que estas actuacións realízanse periodicamente para comprobar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos de seguridade e emerxencias
Imagen del artículo A Xunta participa nun simulacro de incendio de nivel 2 orixinado no concello de Riotorto
Meira (Lugo), 4 de xuño de 2025

A Xunta participou hoxe nun simulacro de incendio forestal orixinado por un accidente de circulación en Riotorto, co obxectivo de avaliar a resposta dos servizos de emerxencias ante esta situación.

Durante o operativo ensaiouse a activación do Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia (Peifoga) en situación 2, por posible afección a núcleos de Riotorto - A Ribadiña, na parroquia de Ferreiravella - e A Pontenova - Lamarcide e Cabana, nas parroquias de Xudán e Rececende, respectivamente -.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que este tipo de actuacións realízanse periodicamente para probar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes. Ademais de comprobar a operatividade do Peifoga, tamén se verifica a súa coordinación co Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).

O simulacro permite tamén adestrar os sistemas de comunicación; ensaiar como se informa á poboación sobre as medidas de autoprotección; coñecer o funcionamento dos plans de actuación municipal e testar as tarefas asignadas ao persoal dos diferentes grupos operativos e os centros de coordinación.

Centros de coordinación e grupos operativos

Na actividade de hoxe constituíronse varios centros de mando e control: Posto de Mando Avanzado (PMA) na Campa do Plantío de Meira; Centro de Coordinación Operativa (Cecop); e Centros de Recepción de Medios (CMR) en Meira e As Rodrigas (Riotorto), estes últimos coordinados por persoal da Consellería do Medio Rural.

En canto aos grupos operativos mobilizados, requiriuse a intervención de catro técnicos; seis axentes ambientais, catro brigadas, a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), a Unidade de Directores de Extinción da Xunta (UDEX), a Unidade Técnica de Apoio (UTA), o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Barreiros e o GES da Pontenova.

No que se refire ao apoio loxístico e de seguridade, coordinado polo Servizo de Emerxencias, colaboraron efectivos da Garda Civil, a Unidade de Policía Nacional Adscrita (UPA), a Subdelegación do Goberno, Cruz Vermella, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega); así como os concellos, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Riotorto, Meira e A Pontenova. Tamén se requiriu persoal sanitario do 061.

Detalles do simulacro

O simulacro comezou ás 10.15 horas co aviso por parte do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta dun incendio forestal á altura do punto quilométrico 8,500 da estrada LU-P-5501 en Riotorto, ocasionado por un accidente de circulación.

Tras esa alerta mobilizáronse os medios sanitarios, de seguridade e de emerxencias correspondentes. Ademais de probar a activación do Peifoga en situación 2, o operativo permitiu ensaiar outras medidas de protección da poboación, como a realización de cortes de tráfico e controis de acceso; os avisos de confinamento de núcleos de poboación ou a solicitude de corte dunha liña eléctrica de evacuación dun parque eólico por posible afección do incendio nesa zona.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/06/2025
1040571 {"title":"A Xunta participa nun simulacro de incendio de nivel 2 orixinado no concello de Riotorto","published_date":"2025-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/186056-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1040571"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-04/1040571-xunta-participa-nun-simulacro-incendio-nivel-2-orixinado-concello-riotorto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.