A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da festa do Corpus Christi de Ponteareas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Sala Emilia Pardo Bazán estivo decorada con unha alfombra floral, símbolo desta festa
- Con este acto a representación da Xunta de Galicia na capital pretende promover as festas tradicionais como motor cultural e turístico para este verán
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 4 de Xuño de 2025
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá, na sala Emilia Pardo Bazán, o acto de presentación da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, declarada de Interese Turístico Internacional e recoñecida como Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial.
O evento contou coa participación do director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; o primeiro tenente de alcalde de Ponteareas e a concelleira de Turismo do municipio. Tamén asistiron os embaixadores de Xapón, Italia, Bélxica, así como o primeiro secretario da Embaixada de Malta.
Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia destacou que "se aquí, na distancia, e só con esta pequena mostra, temos a explosión de cor, de frescor, o aroma... imaxínense o que pode ser vivir a experiencia plena en Ponteareas, con composicións florais que suman metros e metros de alfombra". E engadiu: "Se aínda non teñen plans para este verán, hoxe propoñémoslles unha escapada a finais de mes a Ponteareas."
Ramos tamén salientou os vínculos culturais e relixiosos que unen Galicia cos países representados no acto:"Xapón e Galicia están unidas polo irmandamento do Camiño de Santiago e o Kumano Kodo; o polbo une ao Carballiño con Noventa Padovana, preto de Venecia; en Malta, xa antes do século XVII, os cabaleiros da antiga Orde tiñan rutas de peregrinación a Compostela; e os reis de Bélxica completaron o Camiño hai só mes e medio."
As alfombras florais, símbolo desta festa, tamén se trasladaron á Casa de Galicia en Madrid, con unha pequeña mostra realizada na sala principal. Este ano o Corpus Christi de Ponteareas celebrarase o domingo 22 de xuño.