O ciclo Mestre Mateo de curtas comeza o venres en Betanzos para percorrer ata outono 24 concellos co apoio da Xunta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • As oito pezas finalistas e gañadoras dos últimos Premios Mestre Mateo proxectaranse en localidades que non contan con salas de exhibición estables
  • Na selección figuran filmes realizados con subvención da Xunta como 'Platónico, Platónica', 'Pura', 'Véxote' e 'Eu vou comigo', ademais de 'Nai', 'Sinapse', 'Avetimología' e 'Noites de prata'
  • Por segundo ano consecutivo, as curtas pasan a formar parte da carteleira deste circuíto de cinema galego grazas a un acordo entre a Academia Galega do Audiovisual e as administracións central e autonómica

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

As curtametraxes volven formar parte do Ciclo de Cinema Mestre Mateo que, grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual, levará os oito filmes curtos de ficción e animación finalistas e gañadores da última edición dos Premios Mestre Mateo a 24 concellos das catro provincias localizados fóra da contorna das grandes cidades e que non contan cunha oferta de salas comerciais estables.

O programa, dividido en dúas sesións, inclúe os filmes finalistas nas categorías de Mellor Curtametraxe de Animación e Mellor Curtametraxe de Imaxe Real da última edición dos devanditos galardóns, con varios títulos que contaron con subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o seu desenvolvemento. No bloque de ficción poderán verse Pura, de Carmen Méndez; Véxote, de Óscar Pardo; Nai, de Tito Refoxo; e Platónico, Platónica, de Xacio Baño. Na categoría de animación exhibiranse Eu vou comigo, dirixida por Chelo Loureiro; Sinapse, de Carlos Cuesta; Avetimología, de Xosé Zapata; e Noites de prata, de Soraya Antelo.

O calendario de proxeccións arrancará o venres no cine Alfonsetti de Betanzos e a partir de aí percorrerá ata outono Boiro, Cedeira, Cerceda, Valdoviño e Vimianzo na provincia da Coruña; Marín, Mondariz, Salvaterra do Miño e Vilanova de Arousa na de Pontevedra; e A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, Foz, Meira, Monterroso, Sarria, Taboada e Vilalba na de Lugo. Están por pecharse as proxeccións noutros sete concellos da provincia de Ourense que se engadirán ao programa nas próximas datas.

Aposta pola cultura accesible e polo formato curto

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, que participou na presentación do ciclo canda a vogal da Academia, Carmen Méndez, e as directoras e directores das curtametraxes incluídas no programa, enmarcou este circuíto dentro de varios dos obxectivos principais das políticas culturais do Goberno galego en relación coa accesibilidade e a promoción dos novos talentos do audiovisual. Para o representante da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, este ciclo, que se converte na mostra de exhibición de curtametraxes galegas con maior penetración territorial, a escolla das localidades onde se van exhibir os filmes constitúe unha aposta pola descentralización da oferta cultural, dándolle cumprimento á Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia.

Incidiu tamén na importancia de artellar un circuíto específico programando curtas de xeito exclusivo, sen preceder ou suceder a proxección dunha longametraxe, xa que deste xeito se centra a atención nun formato no que Galicia posúe unha gran produción e de elevada calidade.

"O devandito ciclo complementa tamén unha liña de traballo que temos en conta cada ano desde a Consellería de Cultura respecto á dinamización na realización e difusión de curtametraxes galegas. Baste citar, por exemplo, as modalidades específicas incluídas nas liñas de axuda ao audiovisual ou, mesmamente, a edición do catálogo 'Shorts From Galicia' que cada ano renovamos e iniciamos a distribuír no mercado internacional asociado ao festival francés de Clermont-Ferrand, o maior e máis prestixioso punto de encontro do xénero", abondou.

O director de Industrias Culturais aproveitou a ocasión para darlle publicamente a benvida á nova directiva da Academia Galega do Audiovisual, que desde o pasado día 30 preside Lucía Veiga, e para agradecer o traballo realizado nos últimos anos polo equipo saínte encabezado por Álvaro Pérez Becerra.

O Ciclo Mestre Mateo de Curtas está financiado en virtude do acordo acadado para esta actividade entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales do Ministerio de Cultura.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/06/2025
1040569 {"title":"O ciclo Mestre Mateo de curtas comeza o venres en Betanzos para percorrer ata outono 24 concellos co apoio da Xunta","published_date":"2025-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/186160-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1040569"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-04/1040569-ciclo-mestre-mateo-curtas-comeza-venres-betanzos-percorrer-ata-outono-24-concellos-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.