Aumentan as compras nas primeiras semanas de funcionamento do programa eBici 2025
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial achegouse a unha tenda especializada onde lle transmitiron o éxito da campaña
- Na provincia de Pontevedra hai un total de 47 establecementos adheridos
- A Xunta conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros para esta campaña que estarán a disposición dos compradores ata o mes de novembro de 2026

Poio (Pontevedra), 04 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a tenda Bici o Con, en Poio, un dos 47 establecementos adheridos ao programa Ebici na provincia de Pontevedra, unha iniciativa coa que a Xunta financia a compra de bicicletas eléctricas e cadeiras de rodas.
O delegado territorial interesouse polos resultados deste programa e quixo coñecer as sensacións dos profesionais do sector de primeira man. Tal e como comentou o responsable do establecemento, os resultados están a ser moi positivos, xa que varias persoas que nunca se tiñan interesado por esta posibilidade, encontraron nesta axuda o incentivo necesario para dar o paso a un tipo de mobilidade máis accesible e saudable.
Cabe destacar que O orzamento total suma 1,7M€ distribuídos en dúas anualidades: 1 M€ para 2025 e 700.000 euros para 2026
En canto ás solicitudes, os particulares interesados poden presentalas ata o 13 de novembro de 2026 - ou ata que se esgote o crédito - en calquera dos establecementos asociados, que son os encargados de tramitalas.
Con carácter xeral, as achegas cobren ata o 50% do custo cun máximo de 500 euros. A contía elévase ao 60% cun límite de 600 euros no caso das familias numerosas; e alcanza o 70% - ata 700 euros - para as familias numerosas de categoría especial e para as persoas con mobilidade reducida.
O delegado territorial lembrou que esta campaña xa tivo un gran éxito o ano pasado e asegurou que os datos corroboran a boa acollida que está a ter esta edición. Neste sentido, Reguera asegurou que "a aposta por unha mobilidade sostible e inclusiva é unha prioridade para a Xunta".
A listaxe con todos os establecementos adheridos pode consultarse en www.conselleriadepresidencia.xunta.gal/es/establecementos-ebici .