A Xunta aposta por unha xustiza útil, moderna e accesible con especial atención ás vítimas de violencia de xénero e colectivos vulnerables

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na inauguración das XVIII Xornadas xurídicas Román García Varela, onde destacou a variedade de temas que se abordarán nestas xornadas como os riscos das novas tecnoloxías ou a carreira profesional, asuntos que nos precisamente tamén avanza o Goberno galego
  • A Xunta lamenta que dúas das catro novas prazas de xuíces de violencia sobre a muller anunciadas polo Goberno central para Galicia, as da Coruña e Vigo, se poñan en marcha a costa de transformación de seccións de instrución

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Sarria (Lugo), 4 de xuño de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na inauguración das XVIII Xornadas xurídicas Román García Varela, onde salientou a necesidade de que as reformas na xustiza dean resposta á sociedade do século XXI como se indica no título desta edición. Nesta liña, salientou que a Xunta aposta por unha xustiza útil, moderna e accesible, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero e colectivos vulnerables como os menores ou persoas maiores.

O tratamento especializado nos xulgados de violencia sobre a muller é un dos temas que se abordarán nestas xornadas que manteñen o legado do xurista Román García Varela e converten cada ano o concello de Sarria en referente da axenda xudicial a nivel estatal. De feito, Diego Calvo salientou o prestixio dos participantes e a variedade de temas de actualidade no ámbito da xustiza que se tratarán entre hoxe e mañá na Casa da Cultura de Sarria.

No que se refire aos xulgados de violencia contra a muller, o conselleiro lembrou que a Xunta solicitara ao Goberno central a través da Comisión Mixta co TSXG estender estes tribunais a todas as cidades galegas como os que xa funcionan na Coruña e Vigo, comezando por Santiago. Pero, tal e como explicou Diego Calvo, a falta de vontade do Goberno central impediu arrincar o ano con novas unidades xudiciais, xa que non as comunicou. Nesta liña, aclarou que o Boletín Oficial de Estado (BOE) publicou hoxe o decreto para dotar á comunidade de catro novas prazas de xuíces de violencia sobre a muller na comunidade. En concreto, para Santiago, Ourense, A Coruña e Vigo, cunha praza en cada caso. A Xunta lamenta que no caso da Coruña e Vigo se poñan en marcha a costa de transformar seccións de instrución, o que provocará un aumento nos asuntos neste área.

Na súa intervención puxo en valor o traballo da Xunta para ofrecer unha atención especializada ás vítimas a través das Oficinas de Atención ás Vítimas que, grazas a un novo servizo de asistencia virtual, poderá realizarse por videoconferencia evitando desprazamentos. Ademais, sinalou que mediante un convenio co Consello da Avogacía Galega, as vítimas de violencia sexual teñen a asistencia xurídica gratuíta garantida con profesionais especializados nestes delitos.

O conselleiro tamén destacou a necesidade de avanzar na modernización da xustiza e, pese aos riscos das novas tecnoloxías que se tratarán nunha das mesas, incidiu na necesidade de continuar coa dixitalización da xustiza e o impulso do expediente xudicial electrónico no marco do Plan Senda 2025.

Outro dos asuntos previstos na programación está relacionado coa estabilización profesional coa carreira profesional. Así, lembrou que, á falta dunha regulación a nivel estatal por parte do Goberno central, Galicia foi pioneira na posta en marcha da carreira profesional na Administración da Xustiza ao retribuír a progresión do persoal en condicións similares ás dos empregados públicos da Xunta. Xa se realizaron as convocatorias dos graos I e II da traxectoria profesional e estase a traballar este ano na do grao III, o que supón para este exercicio un orzamento de 6,6 millóns de euros.

Por outra parte, un dos temas de maior actualidade é a actual reforma xudicial coa nova Lei estatal de eficiencia xudicial aprobada este ano. Diego Calvo explicou que Galicia traballa na súa implantación para cumprir cos prazos esixidos pese a que o Goberno central non dotou ás comunidades dos fondos necesarios para a súa posta en marcha. De todas formas, a Xunta xa aprobou o deseño e a estrutura das oficinas xudiciais, así como as relacións de postos de traballo dos rexistros civís, as oficinas xudiciais e as case 270 oficinas de xustiza nos concellos galegos que substitúen aos xulgados de paz e son os que máis cambios rexistrarán coa nova norma.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/06/2025
1040564 {"title":"A Xunta aposta por unha xustiza útil, moderna e accesible con especial atención ás vítimas de violencia de xénero e colectivos vulnerables","published_date":"2025-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/182349-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1040564"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-04/1040564-xunta-aposta-unha-xustiza-util-moderna-e-accesible-especial-atencion-as-vitimas-violencia-xenero-e-colectivos-vulnerables https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.