Medio Rural aproba os cambios que permiten mellorar a calidade dos viños e incorporar novas variedades principais na Denominación de Orixe Ribeiro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que oficializa a modificación do prego de condicións desta denominación de orixe
  • A inclusión de novas variedades e o axuste nos rendementos busca preservar o patrimonio e elevar o nivel dos viños desta zona

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria pola que se aproba unha modificación do prego de condicións da Denominación de Orixe (DO) Ribeiro, coa que se busca unha mellora da calidade e da especificidade dos viños acollidos a este indicativo.

Así, inclúense catro variedades de uva como principais, dúas delas tintas (Merenzao e Espadeiro) e dúas brancas (Branco Lexítimo e Albilla do Avia). Todas as variedades teñen unha larga tradición de cultivo na comarca do Ribeiro, onde existen cepas centenarias. A súa inclusión permite unha maior oferta dos viños da denominación, o que posibilita unha mellor presenza no mercado e a conservación do patrimonio que estas variedades representan.

Polo que se refire á inclusión da variedade Albilla do Avia -autóctona do Val de Avia- hai que indicar que durante moito tempo foi erroneamente identificada coa Albillo, malia que esta última non se cultiva na zona. En 2021, a variedade nativa do Val obtivo o recoñecemento oficial, motivo polo cal se retirou a Albillo da lista de castes autorizadas e se incorporou a primeira como variedade principal.

Na mesma liña de mellora, introdúcense restricións ao uso de determinadas variedades, concretamente Palomino, Garnacha tintorera e Tempranillo. Desta forma, estas castes non poderán ser empregadas para novas plantacións ou replantacións sobre as xa existentes. Porén, permítese a reposición puntual de cepas que fallen con plantas da mesma variedade en viñedos xa establecidos.

Réxime de rendementos máximos

Ademais, para promover unha maior calidade do produto final, modifícase o réxime de rendementos máximos de uva por hectárea. Mantéñense os límites actuais de 13.000 kg/ha para as variedades principais brancas e de 12.000 kg/ha para as tintas, sen importar o tipo de viño que se elabore.

Para as variedades secundarias brancas mantense o límite de 19.000 kg/ha, mentres que para as tintas redúcese lixeiramente, de 19.000 a 18.000 kg/ha. Antes, se as uvas principais non se destinaban a determinados tipos de viño (como Ribeiro castes, barrica, espumoso ou tostado), permitíase un rendemento maior de ata 19.000 kg/ha. Esta excepción eliminouse, e os límites aplicaranse en todos os casos. Estes rendementos axústanse tamén en función da densidade de plantación.

En canto ás campañas excepcionais, nas que se permite un aumento dos rendementos produtivos máximos de ata un 25 % debido ás condicións meteorolóxicas do ano, establécese que esta posibilidade quedará reservada unicamente ás variedades principais. As secundarias, polo tanto, quedarán excluídas deste tipo de incremento excepcional.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/06/2025
1040413 {"title":"Medio Rural aproba os cambios que permiten mellorar a calidade dos viños e incorporar novas variedades principais na Denominación de Orixe Ribeiro","published_date":"2025-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/186042-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1040413"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-04/1040413-medio-rural-aproba-os-cambios-permiten-mellorar-calidade-dos-vinos-e-incorporar-novas-variedades-principais-na-denominacion-orixe-ribeiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.