A nova exposición da Casa de Galicia en Madrid rende homenaxe á actriz María Casares
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A mostra poderá visitarse ata o 29 de xuño nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 3 de xuño de 2025
A Casa de Galicia en Madrid inaugurou hoxe a exposición Escenarios da Paixón, a María Casares, unha mostra de pintura que rende homenaxe á figura de María Casares, símbolo da paixón polo teatro e referente da historia cultural galega. As obras transportan ao público a distintos escenarios que evocan a intensidade vital e creativa da actriz, integrando emoción, memoria e arte. Escenarios da Paixón poderá visitarse desde o 3 ata o 29 de xuño nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro.
Durante a inauguración, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, deu a benvida ás persoas asistentes afirmando que "hoxe é un día grande, inauguramos exposición" e agradeceu aos artistas "a súa fidelidade con esta Casa", recoñecendo que "non é a primeira vez que expoñen aquí", e trasladoulles os seus parabéns polo resultado da mostra.
Ramos fixo referencia ao carácter inmersivo da exposición e á súa capacidade para conectar co público: "Hoxe case me atrevería a darlles a benvida ao gran teatro da vida", declarou, facendo alusión ao prólogo do catálogo da mostra, dispoñible en versión interactiva e descargable mediante código QR ou a través da web da Casa de Galicia. "Nel atoparán unha reseña da vida de María Casares, unha coruñesa que pasou parte da súa vida aquí en Madrid antes de instalarse en París e vivir a súa vida e o teatro como un todo", engadiu.
Ademais aproveitou tamén para animar aos asistentes a "descubrir Galicia a gozar das nosas paisaxes, praias, gastronomía" e para adiantar que durante os meses de verán a representación do goberno galego na capital pretende ser un escaparate, un refuxio como o é Galicia.
A exposición Escenarios da Paixón, a María Casares permanecerá aberta ao público ata o 29 de xuño con entrada libre, de luns a sábado de 10,00h a 14,00h. e de 16,00h. a 20,00h. e os domingos de 10,00h a 14,00h. Estes horarios poden sufrir modificacións a causa da actividade da Casa de Galicia.