Portos de Galicia ten pechada a proposta de reversión ao Estado de terreos innecesarios en 17 dos 25 concellos que o solicitaron

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O presidente do ente público explicou no Parlamento que nove destes expedientes foron xa remitidos a Costas para que o Ministerio de Transición Ecolóxica decida sobre a súa aprobación e os 8 restantes ratificaranse en Consello Rector este mes
  • Os concellos cos que xa se consensuou a delimitación destes terreos son A Guarda, Bueu, Cambados Cangas, Foz, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso (portos de Ponteceso e Corme), Oleiros (porto de Santa Cruz), Vilanova de Arousa, Rianxo, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Laxe, Poio, O Grove, Mugardos e Moaña
  • Trátase de solo de titularidade portuaria que non rexistra actividade sectorial ou esta é moi baixa e que a Xunta pretende reverter á Administración central para que esta poida cederlla ás administracións locais dado o seu uso público veciñal

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, compareceu esta mañá na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo para dar conta dos avances realizados polo ente público no procedemento de reversión ao Estado de terreos portuarios declarados innecesarios a fin de que a Administración central poida cederllos aos concellos que así o reclaman dado o seu uso público veciñal e non portuario.

Álvarez Vidal explicou que no último medio ano Portos de Galicia activou este procedemento conseguindo ter a día de hoxe pechada a proposta de reversión en 17 dos 25 concellos que o solicitaron. Engadiu que para maior axilidade neste procedemento decidiuse desenvolvelo por fases, proposta que se consensuou coa Fegamp, así como os criterios técnicos que rexen á hora de establecer os terreos que se poden reverter á Administración Xeral do Estado.

Na primeira fase incluíronse as propostas de reversión nos portos de A Guarda, Bueu, Cambados Cangas, Foz, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso (portos de Ponteceso e Corme), Oleiros (porto de Santa Cruz) e Vilanova de Arousa. Tal como informou o presidente de Portos, unha vez consensuadas cos concellos e ratificadas polo Consello Reitor do ente público, estas nove propostas foron trasladadas á Consellería de Facenda para a súa avaliación patrimonial e tras validarse eleváronse ao Consello da Xunta que aprobou a súa remisión ao Estado. Así, xa desde o pasado mes de abril están remitidas aos correspondentes servizos provinciais de Costas do Estado para que sexa agora o Ministerio de Transición Ecolóxica quen exerza a súa competencia sobre a aprobación definitiva se procede.

Inmediatamente despois de rematar a tramitación da primeira fase, Portos de Galicia retomou o proceso cos 8 municipios incluídos na segunda, a saber: Rianxo, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Laxe, Poio, O Grove, Mugardos e Moaña. Con todos eles tense consensuado tamén a proposta de reversión que se presentará ao Consello Reitor do ente público este mesmo mes para a continuación trasladase a Facenda e continuar con procedemento de xeito idéntico á primeira fase. Finalmente, o presidente de Portos indicou que despois do verán finalizarase a tramitación abordando as propostas da terceira fase na que se incluirán os portos de Burela, Cariño, Cedeira, Corcubión, Fisterra, Pontecesures, Ribeira e Viveiro.

Agradecemento á colaboración institucional

O presidente de Portos subliñou o clima de consenso que presidiu todas as reunións celebradas cos diferentes alcaldes que solicitaron a reversión dos terreos para a posterior transferencia. Así mesmo agradeceu a colaboración institucional amosada polos alcaldes e alcaldesas para axilizar o procedemento sobre o que finalmente será a Administración Xeral do Estado a que teña que decidir.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/06/2025
1039233 {"title":"Portos de Galicia ten pechada a proposta de reversión ao Estado de terreos innecesarios en 17 dos 25 concellos que o solicitaron","published_date":"2025-06-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/184825-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1039233"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-03/1039233-portos-galicia-ten-pechada-proposta-reversion-ao-estado-terreos-innecesarios-17-dos-25-concellos-solicitaron https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.