O quinto 'All-Star Futbolinlugo' celébrase o 28 de xuño no campo lucense da Cheda co apoio da Xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da xornada, que incluirá dous partidos, xogos, concursos e homenaxes
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 3 de xuño de 2025
Futbolinlugo presentou hoxe o All-Star 2025, que se celebrará o sábado 28 de xuño no campo lucense da Cheda coa colaboración da Xunta. Os organizadores promoven por quinto ano esta cita como a gran festa de peche da tempada do fútbol lucense.
O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, participou na presentación da xornada, que seguirá o formato das anteriores edicións. A actividade central serán dous partidos entre os xogadores e xogadoras que destacan entre os mellores da provincia.
Ás 16,30 horas abrirá o programa o enfrontamento feminino entre deportistas das zonas Norte e Sur de Lugo; e ás 19.45 horas será o encontro masculino entre membros de Preferente e Terceira Futgal fronte aos de Primeira e Segunda Futgal; oito por cada unha das categorías.
A organización tamén confirmou que un dos equipos do partido masculino contará co segundo adestrador do CD Lugo, Diego Seoane; mentres que Manu Sánchez estará cunha das seleccións das mellores futbolistas mulleres.
Ademais, haberá xogos e concursos abertos ao público, así como homenaxes e varias sorpresas ao longo da tarde.
Arias apuntou que a Xunta apoia a programación que organiza Futbolinlugo para promover o fútbol base na provincia e valorou que as actividades e a festa que pon o broche final a cada tempada vaian rotando por distintos concellos.