Medio Rural destaca que o 20 % do viño galego expórtase xa a uns 75 países diferentes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Gómez salientou que o sector vitivinícola constitúe un dos elementos máis sólidos da marca Galicia Calidade e subliñou a importancia de "seguir traballando xuntos" para consolidar a Galicia e a España nos lugares de referencia no mundo do viño
- Na feira estiveron presentes 47 expositores de bodegas galegas e reuníronse importadores e compradores de 18 países

Ourense, 3 de xuño de 2025
O 20 % do viño galego certificado por unha denominación de orixe expórtase xa a uns 75 países diferentes. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na clausura do XI Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinis Terrae, na que estivo acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Neste acto, no que se entregaron premios ás principais adegas e produtores participantes, a conselleira fixo fincapé na internacionalización do sector e no prestixio acadado nos diferentes mercados polos viños galegos. Así, definiunos como "os mellores embaixadores" da nosa comunidade e como "os máis sólidos piares do paradigma Galicia Calidade".
Nesta liña, Gómez referiuse aos momentos de cambio que vive o sector e aos desafíos que afronta, vinculados coa climatoloxía, a sustentabilidade ou as mudanzas nos hábitos dos consumidores. Ao tempo, lembrou as novas oportunidades que se abren e, neste sentido, remarcou que é fundamental o traballo en común e a colaboración entre investigadores, produtores, adegueiros e entidades públicas a prol da investigación, a innovación e a sustentabilidade na produción de viño, coa vista posta en seguir situando a Galicia e a España como referentes neste eido.
Escaparate para a promoción dos viños galegos
Na súa intervención, a conselleira salientou ademais a importancia de eventos como Vinis Terrae, que cualificou como "excelente escaparate" para poñer en valor os viños e licores da nosa terra, baixo a filosofía de "excelencia e promoción tan en consonancia co labor que vén desenvolvendo a Xunta de Galicia nos últimos anos". Por iso, "desde este Goberno non dubidaremos en apoiar calquera iniciativa que impulse os produtos galegos", remarcou.
O salón Vinis Terrae acolleu estes días en Ourense un total de 47 expositores de bodegas galegas, que representan ás cinco denominacións de orixe vitivinícolas: Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras e Rías Baixas, así como ás indicacións xeográficas protexidas de viños Val do Miño e Betanzos. Ademais, reuniu importadores e compradores de ata 18 países diferentes.