A Xunta licita por 2,8 M€ as obras de mellora de 13 travesías urbanas en Ourense, entre elas a renovación integral do treito da OU-413 na subida ao Seminario

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Actuarase en trece rúas e avenidas integradas na trama urbana da cidade, que suman trece quilómetros de lonxitude, para rehabilitar o firme da calzada e reparar as beirarrúas que o precisen
  • O treito da subida ao Seminario será obxecto dunha renovación integral, cun investimento de 1M€, que inclúe a reordenación do espazo, novos tramos de beirarrúa, a execución dun novo paquete de firme e a renovación das redes de servizos públicos,
  • Allegue subliña o compromiso da Xunta coa cidade e cunhas infraestruturas "cómodas, accesibles e seguras"
  • A conselleira destaca que a intervención prevista na subida ao Seminario está consensuada co Concello e tamén atende as necesidades que trasladou a veciñanza
  • As empresas poderán presentar ofertas para as obras ata o 30 de xuño e a previsión da Xunta é iniciar en outubro os traballos, que terán un prazo de execución de oito meses

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 3 de xuño de 2025

A Xunta licitou hoxe as obras de conservación e mellora de trece estradas autonómicas ao seu paso polo concello de Ourense, por 2,8 millóns de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou hoxe este investimento, cuxa actuación central é a renovación integral da OU-413 da subida ao Seminario, que supón 1 millón de euros. A previsión da Xunta é iniciar estes traballos, que terán un prazo de execución de oito meses, no mes de outubro.

Os traballos, como destacou a conselleira, enmárcanse na aposta da Xunta pola conservación das estradas da rede viaria autonómica, ás que este 2025 destina 68 millóns de euros, entre as que se atopan os viarios urbanos, "para mantelas nas mellores condicións e facelas máis cómodas, seguras e accesibles".

Explicou que a través desta actuación mellorarase a conservación de trece rúas e avenidas, integradas na trama urbana da cidade de Ourense, pero de titularidade autonómica, que suman unha lonxitude aproximada de trece quilómetros. En concreto, intervirase na rúa Peña Trevinca, río Arnoia, Sáenz Díez, Progreso, avenida de Buenos Aires, Emilia Pardo Bazán, Isaac Piñeiro Varela, Velázquez, Ponferrada, Bispo Lourenzo, avenida de Zamora, Coruña e rúa Seminario.

Serán obras de reparación, rehabilitación e reforzo dos firmes e pavimentos, tanto das beirarrúas como das calzadas, complementadas coa renovación completa da sinalización horizontal e outras pequenas intervencións para garantir a seguridade viaria e a accesibilidade. Será o caso de melloras de accesibilidade nas beirarrúas da rúa Río Arnoia, e tres treitos de novas beirarrúas: 130 metros na rúa Velázquez, 70 metros na rúa Bispo Lorenzo, e 100 metros na Avenida de Zamora desde a intersección coa rúa Marie Curie ata o seguinte paso de peóns.

A intervención irá máis aló no caso da subida ao Seminario (OU-413), xa que implicará unha renovación integral deste treito de medio quilómetro, que inclúe a reordenación do espazo, a mellora da mobilidade peonil mediante novos tramos de beirarrúa e novos pasos peonís, a execución dun novo paquete de firme e a renovación na súa totalidade as redes de servizos públicos, soterrando as liñas aéreas existentes.

Como destacou a conselleira, "trátase dun proxecto consensuado co Concello, que asumirá a titularidade da subida ao Seminario unha vez rematadas as obras, e no que tamén escoitamos as necesidades que nos trasladou a veciñanza, que verá moi melloradas as condicións para os seus desprazamentos". "Iso é o que estamos a facer nas nosas travesías urbanas en Galicia -engadiu Allegue-: garantir unha circulación máis segura e espazos máis ordenados e habitables, sempre priorizando ás persoas".

As empresas poderán presentar ofertas para executar as obras ata o 30 de xuño, de xeito que se prevén adxudicar as obras en setembro e iniciar os traballos xa en outubro. Terán oito meses de prazo.

Outras actuacións

Os traballos hoxe licitados súmanse a outras actuacións puntuais similares xa realizadas noutras rúas como Progreso e Avenida de Zamora o pasado ano, e con anterioridade e maior intensidade na rúa da Granxa, en Marcelo Macías, Otero Pedrayo ou en Seixalbo.

Ademais, a Xunta leva tamén executados 5,4km de sendas en estradas autonómicas na cidade de Ourense, aos que se sumará o Eixo de mobilidade sostible.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/06/2025
1039085 {"title":"A Xunta licita por 2,8 M€ as obras de mellora de 13 travesías urbanas en Ourense, entre elas a renovación integral do treito da OU-413 na subida ao Seminario","published_date":"2025-06-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185153-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1039085"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-03/1039085-xunta-licita-2-8-m-as-obras-mellora-13-travesias-urbanas-ourense-elas-renovacion-integral-do-treito-da-ou-413-na-subida-ao-seminario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.