Os colexios Mestre Valverde Mayo e Milladoiro e os institutos de Foz e Alexandre Bóveda, gañadores do VIII certame escolar de podcast 'O vello dos contos'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na entrega dos VIII Premios de Podcast Xosé Mosquera O vello dos contos, do que resultaron gañadores os escolares dos colexios Mestre Valverde Mayo de Mos, polo traballo Avoa Fita, e Milladoiro de Malpica de Bergantiños, con A nosa herdanza. Mentres que na categoría de Secundaria resultaron premiados os institutos de Foz, coa peza Lanchiña que vas en vela, e Alexandre Bóveda de Vigo, con Da peneira á eternidade.
Ademais, na categoría de Primaria, resultaron finalistas os colexios A Cristina, de Carballo; Mestre García Niebla, de Pazos; López Ferreiro, de Santiago de Compostela; Feliciano Barrera, de Ponteareas, e Cardeal Quiroga, de Pontevedra. Pola súa banda, chegaron á final os institutos Divino Salvador, de Vigo; Cruz do Sar, de Bergondo, e Ramón Otero Pedrayo, de Ourense.