A Xunta únese á demanda do persoal ferroviario ao Goberno central para consolidar o emprego neste sector en Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Goberno galego comparte a preocupación dos traballadores ante o anuncio de licitación do servizo de mantemento das locomotoras, que pon en risco a viabilidade do taller en Ourense
  • Diego Calvo comprometeuse a solicitarlle ao Ministerio de Transportes unha folla de ruta clara e precisa sobre o futuro dos tres talleres de Renfe na comunidade, así como a creación dunha base para mantemento de trens de alta velocidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse hoxe con representantes do sindicato CGT en Renfe, quen pediron o apoio da Xunta ante o anuncio da compañía ferroviaria de licitar o servizo de mantemento das locomotoras, o que supón unha externalización e pon en risco a viabilidade do taller en Ourense.

Na xuntanza, Diego Calvo asegurou que o Goberno galego comparte a preocupación dos traballadores pola situación dos tres talleres de Renfe en Galicia, situados en Redondela, Ourense e Ferrol, polo que se comprometeu a contactar co Ministerio e de Transportes e Mobilidade Sostible para solicitarlle unha folla de ruta clara e precisa sobre o futuro destas instalacións e, de xeito específico, do caso ourensán tras o anuncio de licitación. O conselleiro incidiu na necesidade de coñecer cales son as previsións de negocio e os retos para os próximos anos.

A maiores, Diego Calvo confirmoulles aos traballadores que a Xunta se une á súa demanda da creación en Galicia dunha base para o mantemento dos trens de alta velocidade, concretamente dos Avril, que son os que funcionan en Galicia, co obxectivo de consolidar o emprego ferroviario na comunidade.

Para o conselleiro, a importancia estratéxica das instalacións ourensáns fai imprescindible a súa supervivencia. "Eliminar este taller suporía un novo agravio a Galicia, xa que debilitaría aínda máis a infraestrutura ferroviaria da comunidade, que ademais acumula proxectos e investimentos pendentes", engadiu.

Falta de resposta do Goberno central

Nesta liña, Diego Calvo incidiu nas reiteradas demandas do Goberno galego ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible que seguen sen resposta, ademais da petición dunha xuntanza que non chega a materializarse. Así, referiuse ás declaracións efectuadas esta fin de semana polo secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano, sobre falta de colaboración da Xunta co Estado como "sorprendentes". Lembrou que o Goberno galego segue á espera do prometido interlocutor con Renfe, "para non seguir tendo coñecemento das incidencias e dos anuncios sobre proxectos e investimentos nos servizos ferroviarios galegos a través dos medios de comunicación", apuntou.

Con respecto ao anuncio de Santano dunha análise de viabilidade para unha rede de proximidade da Coruña a Vigo para 2026, o conselleiro apuntou que a xunta espera ser convocada antes de facer ningún tipo de anuncio, posto que tamén temos demandas neste sentido para a creación dunha verdadeira rede de cercanías en Galicia, e non sabelo pola prensa como acostuma a facer o Ministerio".

Diego Calvo incidiu tamén na urxencia de que se solucionen os continuos problemas da media distancia en Galicia por unha mala xestión, con constantes avarías, incidencias, falta de comunicación e dificultades na compra de billetes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/06/2025
1038143 {"title":"A Xunta únese á demanda do persoal ferroviario ao Goberno central para consolidar o emprego neste sector en Galicia","published_date":"2025-06-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1724987\/iStock-961406236.jpg","id":"1038143"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-02/1038143-xunta-unese-demanda-do-persoal-ferroviario-ao-goberno-central-consolidar-emprego-neste-sector-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.