A Xunta pon en valor a relación produto-gastronomía entre chefs de toda España que suman máis de 70 Estrelas Michelin
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Os participantes no evento Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago realizaron unha sementeira de marisco galego na Ría de Muros Noia promovida por Turismo de Galicia
- Os chefs Estrela Michelin sementaron máis de 65.000 crías de ameixa e berberecho e posteriormente degustaron unha selección de produtos coa marca Galicia Calidade
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025
A Xunta promoveu esta mañá unha actividade inmersiva na Ría de Muros Noia para poñer en valor a relación entre a calidade do produto galego e a gastronomía que se fai na comunidade entre chefs chegados de toda España participantes do evento Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago que suman máis de 70 Estrelas Michelin. En concreto, Turismo de Galicia organizou unha actividade de cara a dar a coñecer o proceso de produción do marisco, un dos produtos base da gastronomía galega, entre os chefs que participan na undécima edición deste evento solidario.
Así, chefs como Sergio Torres, Elena Arzak, Paco Roncero, entre outros, realizaron unha sementeira de ameixs e berberecho, poñendo en valor toda a fase crecemento do marisco así como os axentes que participan nel, especialmente, os profesionais do sector da pesca que se encargan de limpar a zonas de marisqueo, sementar, vixiar o crecemento, e finalmente recollelo.
O grupo de chefs visitou antes o criadeiro do Freixo e na Ría de Muros Noia, puido participar nas labores de semente de 65.000 crías de ameixas e berberecho e coñecer a trazabilidade dun dos produtos estrela da oferta gastronómica de Galicia. A iniciativa continuou cunha degustación de produtos que contan co selo Galicia Calidade. Na actividade participaron o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.
O director de Turismo de Galicia salientou que a gastronomía galega forma parte do modelo turístico da comunidade. "Este é un dos principais atractivos de Galicia", salientou lembrando que o 86,5% dos viaxeiros de orixe nacional realizaron polo menos unha escapada gastronómica nos dous últimos anos e 1 de cada 5 turistas elixen o destino pensando na gastronomía ou en actividades gastronómicas. Este tipo de turista, sinalou o director de Turismo, chega a gastar un 30% máis en restaurantes e outras actividades gastronómicas que os turistas xeneralistas.
Xosé Merelles subliñou que na comunidade galega hai 18 restaurantes Estrella Michelin aos que se engaden os 43 establecementos galegos que forman parte da Guía Repsol, o que confirma a presenza de Galicia na alta cociña nacional e internacional. Finalmente, agradeceu o interese amosado polo grupo de chefs con Estrela Michelin participantes e subliñou a tradición gastronómica da comunidade, un dos valores que a converteron nun dos principais atractivos turísticos de Galicia.
Apoio ao evento gastronómico solidario
Turismo de Galicia está a apoiar a celebración dunha nova edición de Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago, que nesta ocasión recadará fondos para dúas organizacións que traballan no campo da saúde mental: a Asociación saúde mental A Creba e a Fundación de persoas con discapacidade intelectual Barcala.
Nesta edición, están a participar os chefs que suman máis de 70 Estrelas Michelin, Arnaldo Azevedo, Áxel Smyth, Brais Pichel, Elio Fernández Peláez, Fernando Agrasar, Fina Puigdevall, Francis Paniego, Fran López, Hugo Muñoz, Iñaki Aldrey, Ivan Cerdeño, Irmáns Torres, Jesús Sánchez, Jordi Cruz, Juan Carlos Caro, Lucía Freitas, Manuel Costiña, Marcelo Tejedor, Marcos Granda, María Gómez García, Mario Sandoval, Martín Berasategui, Miguel Barreda, Miguel Cobo, Nacho Manzano, Óscar García, Óscar Vidal, Paco Roncero, Paulo Airaudo, Pepe Vieira, Rubén Sánchez Camacho, Rui Paula, Valerio Carrera e Yayo Daporta