A Xunta traslada ao sector o borrador inicial da orde que regularizará e dotará de transparencia a comercialización das coñecidas 'demasías'

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O documento dá continuidade á tramitación iniciada ao inicio deste ano coa modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para permitir que as confrarías poidan comercializar en primeira venda os excedentes de marisco
  • A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou que o borrador presentado ten como finalidade que os ingresos obtidos por este recurso repercutan na mellora da xestión dos bancos marisqueiros e, polo tanto, teñan un impacto directo nos datos socioeconómicos do sector
  • No encontro tamén se abordaron a proposta de modificación do artigo 147 do Decreto de artes así como a proposta de modificación do baremo para a selección das prazas para marisqueo a pé
Imagen del artículo A Xunta traslada ao sector o borrador inicial da orde que regularizará e dotará de transparencia a comercialización das coñecidas 'demasías'
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo con representantes das federacións autonómica e provinciais de confrarías de pescadores para abordar asuntos de interese para o sector. Na xuntanza, a responsable autonómica presentou o borrador inicial da Orde para regularizar a xestión e comercialización dos excedentes derivados do proceso de selección e clasificación dos recursos marisqueiros coa finalidade de explicar o seu enfoque e recoller propostas e suxestións por parte destas entidades sectoriais.

Marta Villaverde sinalou que este documento da continuidade á tramitación iniciada a comezos de ano coa modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para permitir que os pósitos poidan comercializar ditos excedentes, coñecidos como demasías, en primeira venda. Deste xeito, e no marco do modelo de cogobernanza que preside a xestión pesqueira na comunidade, dáse resposta unha demanda do sector co obxectivo de que estes ingresos repercutan directamente nos profesionais e no reforzo da actividade extractiva. No marco desta nova normativa serán as entidades as que deberán, posteriormente, incluír a comercialización e xestión do ingresos derivados nos seus propios plans de xestión.

O documento presentado recolle aspectos que abarcan, desde a definición destes excedentes, o destino que poden ter, os requisitos para a súa comercialización, os principios que deben presidir a xestión destes recursos ou a titularidade da facturación, entre outros. Segundo este borrador, os ingresos deben repercutir directamente na mellora do sector marisqueiro, polo que a proposta da administración galega é que sexan destinados a facer fronte ás obrigas do correspondente plan de xestión como poder ser os derivados da vixilancia dos bancos marisqueiros, a compra de semente, as actividades de supervisión ou o acondicionamento do marisco para a súa comercialización.

Outros asuntos

Na xuntanza tamén foron abordados outros asuntos como a proposta de modificación do artigo 147 do Decreto de artes co obxectivo de modificar o horario da actividade marisqueira, mantendo as 5 horas diarias de traballo, pero deixando de estar vinculadas ao momento de baixamar ou á saída do sol. Tamén abordouse a posibilidade de realizar modificacións no baremos de selección das prazas para marisqueo a pé, quedando pendente da presentación por parte das federacións dunha proposta inicial ao respecto.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/06/2025
1038141 {"title":"A Xunta traslada ao sector o borrador inicial da orde que regularizará e dotará de transparencia a comercialización das coñecidas 'demasías'","published_date":"2025-06-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1038141"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-02/1038141-xunta-traslada-ao-sector-borrador-inicial-da-orde-regularizara-e-dotara-transparencia-comercializacion-das-conecidas-demasias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.