Xunta e Agalcari renovan alianzas para seguir dinamizando o patrimonio marítimo e a carpintería de Ribeira

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro do Mar e o presidente da asociación asinan o convenio que permita afondar na promoción das embarcacións de madeira e de todo o legado flotante como importante nicho de traballo
  • Esta organización agrupa ao 98% das carpinterías de ribeira de Galicia, cuxa actividade xera 100 empregos directos e uns 500 indirectos
Imagen del artículo Xunta e Agalcari renovan alianzas para seguir dinamizando o patrimonio marítimo e a carpintería de Ribeira
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), Ramón Collazo, asinaron este luns o convenio de colaboración para seguir dinamizando e recuperando o patrimonio marítimo e o fomento da carpintería de Ribeira. Deste xeito, a alianza que a Administración autonómica vén mantendo con este colectivo permite afondar na promoción das embarcacións de madeira e de todo este legado flotante como importante nicho de traballo para o futuro da carpintería, ademais de favorecer a súa participación en actividades de promoción como poden ser Expomar, a XIII Xornada de construción naval en madeira ou completar a segunda fase de construción dunha embarcación.

Acompañado da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, o titular de Mar destacou que ao desenvolvemento destas accións, o Goberno galego achega 30.000 euros, poñendo o foco na importancia de apostar por este tipo de proxectos que contribúen á consecución do recoñecemento deste sector como unha actividade produtiva e comercial.

Xeración de emprego

Agalcari agrupa ao 98% das carpinterías de ribeira activas en Galicia, cuxa actividade xera 100 empregos directos e uns 500 indirectos. A maior parte están concentradas na Ría de Arousa, onde tamén se atopan obradoiros artesanais que constrúen a maioría das embarcacións profesionais matriculadas na comunidade. Un oficio que, ademais, está declarado como Ben de interese Cultural do Patrimonio Inmaterial pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Alfonso Villares puxo en valor o traballo que desenvolve esta organización, pois potencia a construción duns barcos cunha pegada de carbono próxima a cero e con pezas 100% reciclables, en procesos sustentables e cada vez máis optimizados con novas técnicas que permiten que se utilicen para renovar a flota da industria auxiliar da acuicultura e da pesca artesanal

Na actualidade, Galicia conta con 15 carpinterías deste tipo en activo e un estaleiro que realiza traballos de forma itinerante.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/06/2025
1038140 {"title":"Xunta e Agalcari renovan alianzas para seguir dinamizando o patrimonio marítimo e a carpintería de Ribeira","published_date":"2025-06-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1038140"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-02/1038140-xunta-e-agalcari-renovan-alianzas-seguir-dinamizando-patrimonio-maritimo-e-carpinteria-ribeira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.