Medio Rural lembra a súa aposta pola Limia con case 15 M€ na modernización do seu regadío e máis de 16.600 ha de terra mobilizadas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira María José Gómez reuniuse hoxe en Ourense cos alcaldes de seis municipios desta bisbarra e puxo en valor a aposta da Xunta a prol dunha agricultura sustentable que contribúa a fixar poboación e a mellorar a súa calidade de vida
  • Na reunión, na que participaron os rexedores de Xunqueira de Ambía, Porqueira, Baltar, Os Blancos, Sarreaus e Trasmiras, avaliáronse os avances rexistrados en relación co regadío e tamén no eido da recuperación de terras

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 2 de xuño de 2025

A Consellería do Medio Rural lembra a súa decidida aposta pola comarca da Limia, con case 15 millóns de euros para a modernización do seu regadío e máis de 16.600 hectáreas de terra mobilizadas. Así o destacou hoxe a titular do departamento, María José Gómez, quen se reuniu con alcaldes desta comarca ourensá. A conselleira, acompañada da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha xuntanza cos rexedores de Xunqueira de Ambía, Porqueira, Baltar, Os Blancos, Sarreaus e Trasmiras.

Na reunión, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, avaliáronse os avances rexistrados en relación co regadío e tamén no eido da mobilización de terras. Sobre o regadío, a conselleira puxo en valor a recente sinatura dun novo convenio coa Comunidade de Regantes Nova Limia por importe de oito millóns de euros ata 2032, que se suma a outros case sete millóns achegados por diferentes conceptos, para que a Comunidade poida facer fronte a parte do financiamento que lle corresponde asumir.

Así, realizáronse actuacións por importe de catro millóns de euros para a sondaxe e construción de 42 pozos para a captación de augas subterráneas e destináronse outros 2,5 millóns para financiar as instalacións dos grupos de bombeo e de electrificación. Nesta liña, María José Gómez cualificou esta actuación como "estratéxica", tanto para o desenvolvemento socieconómico da zona como para a potenciación do seu sector agrario, e reafirmou o compromiso da Xunta a prol dunha agricultura sustentable e respectuosa co medio ambiente, contribuíndo ademais a fixar poboación e a mellorar a súa calidade de vida.

Nesta xuntanza abordouse tamén a necesidade de executar actuacións de limpeza nas canles principais e secundarias do regadío. Gómez explicou que a documentación necesaria para levar a cabo estas tarefas xa foi remitida ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co obxectivo de mellorar a drenaxe de auga nos cultivos desta comarca.

Mobilización de terras

Neste contexto, a conselleira sinalou que un sistema de regadío moderno axuda, precisamente, a ter un terreo produtivo e coidado. Por iso, subliñou tamén a aposta da Xunta pola mobilización de terras a través das concentracións parcelarias e os instrumentos da Lei de recuperación, nomeadamente os polígonos agroforestais.

Deste xeito, lembrou que mediante estas dúas ferramentas mobilizáronse xa máis de 16.600 hectáreas nos seis concellos ourensáns que participaron neste encontro de traballo. Cara ao futuro, sinalou Gómez, "seguiremos nesta liña de traballo, sempre de acordo cos municipios e coa súa implicación".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/06/2025
1038138 {"title":"Medio Rural lembra a súa aposta pola Limia con case 15 M€ na modernización do seu regadío e máis de 16.600 ha de terra mobilizadas","published_date":"2025-06-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185344-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1038138"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-02/1038138-medio-rural-lembra-sua-aposta-pola-limia-case-15-m-na-modernizacion-do-seu-regadio-e-mais-16-600-terra-mobilizadas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.