Belén do Campo asiste á cerimonia de entrega do título de Fillo Predilecto da cidade da Coruña a Ramón Núñez Centella
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

A Coruña, 2 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu o á cerimonia de entrega do título de Fillo Predilecto da cidade da Coruña ao divulgador científico e exdirector do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Ramón Núñez Centella.
A representante do Goberno autonómico transmitiulle ao homenaxeado, en nome da Xunta, os seus parabéns e sinalou que este recoñecemento "non só honra unha traxectoria profesional brillante, senón tamén o seu compromiso coa educación, a cultura e o coñecemento científico en Galicia".
Ramón Núñez Centella foi director do MUNCYT, así como do Museo Casa das Ciencias e do Planetario da Coruña. É autor de numerosas publicacións centradas na ensinanza e divulgación da ciencia, e a súa traxectoria foi clave para consolidar a Coruña como un referente nacional neste ámbito.