Arias reúnese con representantes do club ciclista Cidade de Lugo, que celebra o seu 25 aniversario
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 2 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza de traballo cunha representación do club ciclista Cidade de Lugo encabezada polo seu presidente, David Castro, para avaliar as súas necesidades e proxectos futuros así como para valorar posibles liñas de colaboración.
O club celebra o vindeiro sábado, día 7, o seu 25 aniversario nun acto que terá lugar no Vello Cárcere e que compartirá con socios e colaboradores. Arias gabou esta longa traxectoria "de esforzo, constancia e paixón para promover a práctica do ciclismo e os valores do deporte en Lugo". Lembrou ademais que o Goberno galego convoca programas de axudas para asociacións, clubs e entidades deportivas destinadas á adquisición de equipamentos deportivos, e fomenta expresamente esta disciplina a través das achegas á Federación Galega de Ciclismo.