A Xunta reforza a FP con 2.450 prazas máis e a implantación de formacións aceleradas, unha vía rápida de cualificación exclusiva de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda salienta que o vindeiro curso ofertaranse 49.164 prazas de novo ingreso, unha cifra récord, distribuídas en 251 titulacións diferentes
  • Destaca a "revolución silenciosa" experimentada por estas ensinanzas e "o altísimo grao de inserción laboral" que chega case ao 100% no caso da FP Dual
  • Amplíase o catálogo con 40 titulacións de nova implantación: catro ciclos, seis másteres, 12 títulos de alta especialización e 18 formacións aceleradas
  • As formacións aceleradas consisten nunha modalidade de formación concentrada entre catro e seis meses que abre as portas ao emprego
  • Esta novidosa modalidade, pioneira de Galicia, está enfocada aos sectores onde existe unha alta demanda de man de obra especializada
  • Tamén se reforzan as prazas de másteres de FP, que medran un 32 %, e os títulos de alta especialización propios da Comunidade, cun 24 % de crecemento
  • Créase a FP Básica Adaptada con itinerarios personalizados para a cualificación e inserción persoal e laboral de colectivos vulnerables
  • Impúlsase a FP Básica para adultos, con ciclos que favorezan a capacitación profesional e a reinserción de persoas que abandonaron o sistema

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno galego consolidará o vindeiro curso 2025-2026 o continuo crecemento da Formación Profesional experimentado nos últimos anos cunha nova ampliación da oferta de prazas. "Galicia contará con 49.164 prazas para novos matriculados, 2.450 máis que no curso anterior e a oferta más ampla da historia" da comunidade, indicou.

Ademais, resaltou que se seguen dando pasos novidosos desde o punto de vista cualitativo con medidas pioneiras e exclusivas de Galicia como "as novas formacións aceleradas", tal e como se reflicte no informe elevado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ao Consello da Xunta celebrado hoxe.

Unhas medidas que enmarcou na "revolución silenciosa" que a FP galega está experimentar nos últimos anos, unhas ensinanzas cun "altísimo grado de inserción laboral, preto do 85% e de case o 100% no caso da FP Dual".

Así pois, Galicia contará o próximo curso cunha oferta de 49.164 prazas de novo ingreso, o que representa 2.450 prazas máis que o curso que agora remata (un 5 % máis) e unha cifra récord no conxunto de 251 ofertas diferentes (40 deles de nova implantación), entre os 159 ciclos (catro novos) de grao básico, medio e superior, 28 másteres (seis novos), 31 títulos de alta especialización (12 novos), 18 formacións aceleradas (todas elas novas) e 15 programas formativos.

Grao básico

Grao medio

Grao superior

TOTAL

Ciclos

26

53

80

159 (+6)

*4 de nova implantación

Máster

6

22

28 (+6)

*6 de nova implantación

Formación de alta especialización

13

18

31 (+7)

*12 de nova implantación

Formación acelerada

4

9

5

18 (+18)

*18 de nova implantación

Programas formativos

15

15 (=)

TOTAL

45

80

125

251 (+37)

*40 de nova implantación

Vía rápida de formación concentrada

Como novidade de cara ao vindeiro curso, a Consellería de Educación vai establecer as denominadas formacións aceleradas como unha nova vía formativa que dará máis oportunidades ás persoas para mellorar a súa cualificación e abrirse portas ao mercado laboral en sectores clave nos que existe unha alta demanda especializada.

En concreto, tal e como explicou o presidente, as persoas que opten a esta novidosa modalidade recibirán unha formación concentrada nun período "de entre catro e seis meses de duración", que poderá realizala en dúas fases do curso: de setembro a xaneiro ou de xaneiro a xuño. A través destas formacións recibirán unha certificación profesional e, ademais, poderán convalidala para a obtención dun futuro título formativo.

Ofertaranse un total de 18 formacións aceleradas con 968 prazas en 44 grupos de formación distribuídos por distintos puntos da xeografía galega: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Ribadeo, Ribeira, Santiago de Compostela, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilamarín. Céntrase especialmente en sectores como a hostalaría, a automoción, as enerxías renovables ou a carpintaría metálica, entre outros.

Neste sentido, esta novidade formativa, única e exclusiva de Galicia, representa unha dobre vantaxe, xa que lle proporcionará ás persoas unha formación rápida para o acceso ao mercado laboral e as empresas disporán de man de obra cualificada dun xeito áxil, sobre todo naqueles sectores onde hai máis demanda.

FP Básica Adaptada para os colectivos vulnerables

A través do Plan FPGal360, configurado como un sistema integral de orientación profesional que guíe e acompañe a cidadanía na toma de decisións educativas desde idades temperás e ao longo da vida, este próximo curso vanse poñer en marcha unha serie de iniciativas novidosas no que atinxe á FP Básica, sobre todo enfocadas a maximizar o éxito do alumnado, á inclusión e á cualificación dos colectivos máis vulnerables e a loita contra o abandono temperán.

Unha das novas accións é a FP Básica Adaptada, como unha das vías para asegurar a permanencia do alumnado no sistema máis aló do ensino obrigatorio, especificamente no caso de colectivos con dificultades de escolarización. Para iso crearanse sinerxías entre departamentos ao tempo que se impulsará a colaboración con distintas entidades de educación especial e de atención á diversidade. Trátase de mellorar a cualificación destes alumnos con formación específica, cun apoio personalizado e adaptado ás necesidades de cada quen, co fin de fomentar a súa inclusión social e laboral. Esta FP Básica Adaptada arrancará como experiencia piloto nun programa formativo de Comercio no Centro de Educación e Promoción de Adultos EPAPU Berbés en Vigo.

Paralelamente hai un incremento da oferta de FP Básica, garantindo as posibilidades de incorporación do alumnado a un itinerario formativo en niveis superiores, o que contribuirá á súa mellor formación e á redución do abandono educativo. A terceira liña de acción neste eido é a FP Básica para adultos, con ciclos que favorezan a capacitación profesional e a reinserción de persoas que abandonaron o sistema.

Crecemento no rural

O crecemento da FP galega é xeneralizado a nivel territorial e nos distintos sectores e familias profesionais grazas á potenciación da modalidade de FP Dual Intensiva, aos másteres de FP, aos itinerarios de alta especialización exclusivos de Galicia e ás formacións aceleradas tamén pioneiras.

Así mesmo, continúase cunha aposta firme polo rural galego, que, un curso máis, incrementa a súa oferta adaptada, con 8.210 prazas novas, preto dun 8 % máis. Isto consolida a FP galega como un instrumento que contribúe a fixar poboación grazas á relación de diálogo, confianza e traballo entre a administración educativa e as empresas do rural.

Trátase, por tanto, dunha oferta ampla, variada e de calidade, coa que se busca dar cobertura ao conxunto do territorio, atender as demandas sociais e as necesidades dos sectores produtivos do país. Cómpre ter en conta que, coma todos os anos, esta oferta é o resultado dun traballo de campo tras escoitar os axentes educativos e os distintos actores socio-económicos e institucionais, a través de reunións, encontros e foros.

DATOS DESTACADOS

Prazas curso 2025/26

Incremento de prazas con respecto ao curso 2024/25

Porcentaxe de crecemento

Prazas totais no sistema de FP

49.164

+2.450

+5,24%

FP Dual Intensiva

6.346

+193

+2,77%

Másteres

2.192

+534

+32,21%

Formación alta especialización

775

+152

+24,4%

Prazas no rural

8.210

+579

+7,59%

Catálogo de titulacións

Dentro do catálogo de 251 titulacións, hai dez que se implantan por primeira vez en Galicia, tres delas en ciclos formativos e outras seis de máster:

Centro/s

Titulación

IES Universidade Laboral (Ourense)

Ciclo de Grao Medio de Mantemento de material rodante ferroviario

CIFP A Granxa (Ponteareas)

Ciclo de Grao Medio de Sanidade ambiental aplicada

CIFP Politécnico (Santiago de Compostela)

Ciclo de Grao Medio Planta química

IES A Pinguela (Monforte de Lemos)

Ciclo de Grao Superior de Deseño e produción de calzado e complementos

Centro/s

Másteres

CIFP A Granxa (Ponteareas)

CFEA de Guísamo (Bergondo)

Floraría e arte floral

CIFP Carlos Oroza (Pontevedra)

Coordinación do persoal en reunións profesionais, congreso, feiras, exposicións e eventos

CIFP As Mercedes (Lugo)

Comercio electrónico

CIFP Rodolfo Ucha (Ferrol)

IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa)

IES Chan do Monte (Marín)

IES de Teis (Vigo)

IES Urbano Lugrís (A Coruña)

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)

IES Muralla Romana (Lugo)

IES San Clemente (Santiago de Compostela)

Desenvolvemento de aplicacións en linguaxe Python

CIFP Politécnico Lugo

Tecnoloxía e xestión queixeira

CIFP Politécnico de Santiago de Compostela

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

IES Eduardo Pondal (Ponteceso)

IES O Ribeiro (Ribadavia)

Inspección técnica e peritaxe de sinistros en vehículos

Másteres e alta especialización

Co obxectivo de ofrecer a máxima cualificación posible, a Xunta continúa apostando polos másteres e as titulacións de alta especialización pioneiras na nosa Comunidade. Estas últimas son títulos formados por dobres titulacións ou combinacións de ciclos, másteres e cursos de distintos títulos impulsados atendendo a unha demanda específica por parte dos sectores produtivos.

No que atinxe aos másteres, Rueda salientou que para o próximo curso "ofértanse un total de 2.192 prazas, o que representa un crecemento do 32 % respecto da oferta deste curso", para cursar 28 titulacións de máster.

No caso das titulacións de alta especialización, o vindeiro curso vanse ofertar un total de 31 títulos de alta especialización (sete máis que o curso pasado), dos cales 12 son de nova implantación este ano. Estas formacións de alta especialización abranguen eidos económico-industriais moi variados como a carpintaría e o moble, construcións metálicas, automoción, cociña, produción agroecolóxica, informática, xestión turística, obra civil ou loxística, entre outros. En total, "ofértanse 775 prazas, o que representa un aumento de máis do 24 %".

A modalidade de FP Dual Intensiva, que afonda nunha maior formación en empresa, contará con 6.346 prazas, cun aumento de preto do 3 %.

Por outra parte, tamén se mantén a oferta de programas formativos básicos, un instrumento de especial relevancia para que o alumnado con necesidades educativas especiais poida conseguir a súa incorporación ao mercado laboral ou a súa continuidade no sistema educativo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/06/2025
1038014 {"title":"A Xunta reforza a FP con 2.450 prazas máis e a implantación de formacións aceleradas, unha vía rápida de cualificación exclusiva de Galicia","published_date":"2025-06-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185354-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1038014"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-02/1038014-xunta-reforza-fp-2-450-prazas-mais-e-implantacion-formacions-aceleradas-unha-via-rapida-cualificacion-exclusiva-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.