A Xunta aposta por un Camiño de Santiago cada vez máis accesible, integrador e inclusivo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Xosé Merelles recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que fixo o Camiño co apoio dun vehículo adaptado financiado por Turismo de Galicia

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025.-
"Desde a Xunta de Galicia estamos a traballar por facer una Camiño cada vez máis accesible, integrador e inclusivo". Así o puxo de manifesto esta mañá o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, tras recibir na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que rematou o Camiño de Santiago grazas ao apoio prestado por un vehículo adaptado financiado pola Administración autonómica.
Xosé Merelles lembrou que a mellora da accesibilidade foi, precisamente, foi unha das prioridades na elaboración e deseño do Plan Director dos Camiños de Santiago na Comunidade de Galicia 2022-2027, que conta cun investimento global de 140M€.
Neste sentido, o documento de traballo de cara ao vindeiro xacobeo 2027 marcou como obxectivo avanzar na procura da accesibilidade universal e tamén na dotación de infraestruturas de acollida adecuadas.
Así, segundo lembrou o director de Turismo de Galicia, "a accesibilidade está recollida de forma explícita en dúas das sete liñas estratéxicas principais do Plan" e salientou as actuacións do seu departamento na rede pública de albergues do Xacobeo para renovar e adaptar estas instalacións que prevé un orzamento total ata 2027 de 5M€.