As oposicións de educación desenvolveranse en 16 localidades a partir do 21 de xuño, con 20.520 aspirantes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación presenta o dispositivo das probas, que estará supervisado por 183 tribunais conformados por 2.562 persoas
  • Ofértanse 1.664 prazas, o máximo do 120% da taxa de reposición permitido pola lei, é dicir, cubrindo 120 postos por cada 100 baixas, e o 86% delas son de novo ingreso
  • Desde 2009 convocáronse 20.252 prazas, o que permitiu renovar aproximadamente dous terzos do cadro de persoal docente

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou esta mañá o dispositivo das oposicións do ensino deste ano, que se desenvolverán a partir do 21 de xuño en 16 localidades de toda Galicia.

Tal e como explicou, "serán 20.520 persoas as que participen nestas probas, optando a un total de 1.664 prazas". "Isto supón mobilizar 915 persoas, que conforman os 183 tribunais que xulgan e supervisan os exames, un total de 2.562 persoas se temos en conta tamén os membros dos tribunais suplentes", detallou o conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez.

Román Rodríguez salientou que este complexo operativo ten como finalidade "garantir o correcto funcionamento dun proceso selectivo no que se decide a incorporación ao sistema do piar fundamental da calidade do ensino galego: os seus docentes".

Así mesmo, destacou a aposta da Xunta de Galicia pola renovación e estabilización do cadro de profesorado. "Este ano ofértanse un total de 1.664 prazas, o máximo do 120% da taxa de reposición permitido pola lei. É dicir, cóbrense 120 postos por cada 100 baixas", incidiu. A oferta de emprego público deste ano eleva, ademais, a 20.252 as prazas convocadas polo Goberno galego desde 2009, impulsando unha renovación de aproximadamente dous terzos do profesorado.

Tipo de prazas

A maior parte das prazas, un total de 1.424 (case o 86%), son de ingreso libre, mentres que 10 son para o acceso ao corpo de inspectores de educación e outras 230 para que mestres que forman parte xa do sistema poidan acceder ao un posto como profesores de Secundaria.

Por corpos, no de mestres hai 426 prazas en oito especialidades, e no de profesores de ensino secundario, 918 en 33 especialidades. Pola súa banda, hai 80 prazas en oito especialidades no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 10 para inspectores de educación. En canto á promoción interna, hai 230 prazas en 32 especialidades.

Reparto por especialidades e zonas

Os exames desenvolveranse en 16 localidades das catro provincias galegas, en concreto na Coruña, Ames, Betanzos, Culleredo, Ferrol, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Rábade, Ourense, Pontevedra, Lalín, Poio, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O maior número de tribunais estará nas probas das especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, un total de 93; mentres que para mestres haberá 77 tribunais, para profesores especialistas en sectores singulares da Formación Profesional haberá 10, para a acreditación do coñecemento de galego, dous tribunais e para inspectores de educación, un tribunal.

Por provincias, haberá 81 na da Coruña, 18 na de Lugo, 19 na de Ourense e 65 na de Pontevedra. A provincia con máis opositores é, en consonancia, a da Coruña, con 9.147 opositores, seguida da de Pontevedra, con 7.277. Na de Lugo están inscritos 1.953 opositores e na de Ourense 2.143.

Toda a información ao respecto pode consultarse no dossier adxunto.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 31/05/2025
1036796 {"title":"As oposicións de educación desenvolveranse en 16 localidades a partir do 21 de xuño, con 20.520 aspirantes","published_date":"2025-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185057-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1036796"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-31/1036796-as-oposicions-educacion-desenvolveranse-16-localidades-partir-do-21-xuno-20-520-aspirantes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.