A Xunta pon en valor o compromiso das axencias de viaxes cun turismo sostible que garanta a protección dos valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez subliña que a Carta Europea de Turismo Sostible supón un recoñecemento á aposta por un turismo responsable e de calidade xa que avalan o cumprimento duns estándares de sostibilidade e respecto ao medio ambiente
  • O Parque Nacional das Illas Atlánticas é o que máis axencias de viaxes acreditadas ten neste momento e véñense sumar aos certificados que teñen xa 26 empresas que operan neste espazo
  • A adhesión á carta europea supón unha vantaxe competitiva para as empresas, beneficiarse de novas oportunidades comerciais, reforzar a calidade da súa oferta turística ou racionalizar os gastos
Imagen del artículo A Xunta pon en valor o compromiso das axencias de viaxes cun turismo sostible que garanta a protección dos valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Vigo, 31 de maio de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor o compromiso das axencias de viaxes co desenvolvemento dun turismo sostible que garanta a protección dos valores naturais, culturais e sociais do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Durante o acto de entrega dos certificados de adhesión á Carta Europea de Turismo Sostible a seis axencias de viaxes que operan neste espazo natural protexido, a conselleira subliñou que estas acreditacións supoñen un recoñecemento á aposta por un turismo responsable e de calidade, xa que avalan o cumprimento duns estándares de sostibilidade e respecto ao medio ambiente. "Somos referentes do ecoturismo en España cunha oferta de experiencias únicas e responsables", engadiu Ángeles Vázquez.

Nesa liña, a conselleira indicou que o Parque Nacional das Illas Atlánticas é o que máis axencias acreditadas ten neste momento e véñense sumar ás 26 empresas ­-de turismo náutico, cámpings, actividades de aventura, mergullo ou rutas guiadas- que xa teñen estes certificados, que as converten en embaixadoras do turismo sostible xa que cumpren o criterio de satisfacer as necesidades de visitantes, empresas e poboacións locais sen danar o medio ambiente.

Segundo dixo a conselleira, que estivo acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, entre todos -Xunta, empresas e axencias de viaxes- "contribuímos a acadar o obxectivo de que o Parque Nacional sexa un destino de natureza de referencia".

Nese senso, cómpre lembrar que as entidades certificadas coa Carta Europea de Turismo Sostible deberon superar un proceso formativo, que incluíu unha diagnose da súa actividade, a implantación dunha serie de medidas para mellorar o seu traballo e conectalo co espazo protexido no que se desenvolve, visitas aos establecementos e mesmo unha auditoría ambiental.

Ademais, nesa fase de preparación, de seis meses de duración, as empresas reciben asistencia técnica da Federación Europarc-España -que é quen outorga o recoñecemento- e do propio Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Ás entidades entrégaselles un diploma acreditativo e unha placa de identificación para que poidan exhibir nos seus locais ou embarcacións, e comprométense a realizar unha serie de melloras e actividades nos tres anos seguintes a recibir a certificación.

A adhesión á carta europea supón unha vantaxe competitiva para as empresas e permítelles ser recoñecidas a nivel europeo, beneficiarse de novas oportunidades comerciais -como o acceso a novos clientes atraídos polos espazos protexidos ou polo descubrimento do medio ambiente, entre outras-, reforzar a calidade da súa oferta turística ou racionalizar os gastos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 31/05/2025
1036792 {"title":"A Xunta pon en valor o compromiso das axencias de viaxes cun turismo sostible que garanta a protección dos valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas","published_date":"2025-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185081-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1036792"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-31/1036792-xunta-pon-valor-compromiso-das-axencias-viaxes-cun-turismo-sostible-garanta-proteccion-dos-valores-do-parque-nacional-das-illas-atlanticas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.