María José Gómez afirma que os viños de Valdeorras son "reflexo da alma e a historia desta terra"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Enxalzou a traxectoria vitivinícola desta comarca, que se remonta ata a época romana, e trasladou o seu agradecemento a todos os viticultores, adegueiros e persoas que fan posible esta festa e que traballan día a día para manter viva esta tradición
  • Reafirmou o apoio da Xunta ao sector vitivinícola da nosa comunidade e destacou que este eido "é un motor de identidade, de convivencia e de orgullo" para todos
  • Fixo unha mención especial á Godello, unha variedade que definiu como "a peza clave do éxito nacional e internacional dos viños de Valdeorras"
  • O director de Turismo de Galicia salientou a aposta polo enoturismo na zona con distintas iniciativas que supuxeron un investimento de máis de 2,8M€
Imagen del artículo María José Gómez afirma que os viños de Valdeorras son reflexo da alma e a historia desta terra
O Barco de Valdeorras (Ourense), 31 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe a tradición e a calidade dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras, que definiu como "reflexo da alma e a historia desta terra, da súa xente e da súa tradición vitivinícola, que se remonta á época do Imperio Romano".

A conselleira, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, entre outras autoridades, participou na inauguración da XXVI Feira do Viño de Valdeorras. Neste acto, reafirmou o apoio do Goberno galego ao sector vitivinícola da nosa comunidade e destacou que este eido "é un motor de identidade, de convivencia e de orgullo" para todos.

Nesta liña, Gómez sinalou que a viticultura, ademais dunha actividade económica, constitúe un elemento clave na planificación territorial. Así, explicou que o coidado das vides implica tamén o coidado do territorio, a conservación do medio ambiente e, en gran medida, a fixación de poboación no rural.

Por iso, a conselleira trasladou o seu agradecemento a todos os viticultores, os adegueiros e toda a comunidade de persoas que fan posible esta festa e que traballa día a día para manter viva esta tradición. Un esforzo que, indicou, fai posible que Valdeorras siga sendo un referente no mundo do viño, "un símbolo da nosa terra e da nosa cultura".

Variedade Godello

Asemade, a titular de Medio Rural fixo unha mención especial á Godello, unha variedade que -dixo- "é a peza clave do éxito nacional e internacional dos viños de Valdeorras", con fitos como o recoñecemento ao mellor viño branco de España acadado no 2024 pola adega A Tapada co Guitián fermentado e barrica. Así, puxo de relevo que esta uva, "herdeira daquelas cepas que introduciron os romanos e supervivente da praga da filoxera do século XIX", pasou de ser unha descoñecida a exportarse a Estados Unidos e Gran Bretaña, entre outros mercados.

Neste mesmo sentido, a conselleira subliñou que esta comarca do oriente ourensán, as súas xentes e os seus viños son os mellores embaixadores de Galicia e, en particular, da Galicia Calidade "da que tan orgullosos nos sentimos", concluíu.

Apoio ao enoturismo

Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia eloxiou a celebración deste tipo de eventos que poñen o foco sobre o enoturismo, unha das propostas turísticas de Galicia que se está a impulsar desde o Goberno galego como unha forma tamén de contribuír á dinamización económica do rural.

Concretamente, Turismo de Galicia está a desenvolver unha serie de iniciativas na comarca de Valdeorras onde ten un especial protagonismo o enoturismo, nas que leva investidos nos dous últimos anos máis de 2,8M€.

Así, Xosé Merelles referiuse ao plan de sostibilidade turística de destino que se desenvolver co título 'Valdeorras Ruta do Viño Milenaria', cofinanciado pola Unión Europea o marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que conta cun investimento de 1,5M€. E tamén ás axudas para proxectos tractores de enogastronomía que benefician a varias adegas da zona e nas que a Xunta inviste case 400.000 euros.

Ademais, este departamento da Xunta colabora cos distintos concellos da zona á hora de mellorar e potenciar recursos turísticos locais achegando case 150.000 euros. A isto hai que engadir outras actuacións neste eido como son as obras de mellora que se están a realizar no Camiño de Inverno que supuxeron un investimento en 2024-2025, ao redor de 800.000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 31/05/2025
1036790 {"title":"María José Gómez afirma que os viños de Valdeorras son \"reflexo da alma e a historia desta terra\"","published_date":"2025-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185142-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1036790"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-31/1036790-maria-jose-gomez-afirma-os-vinos-valdeorras-son-reflexo-da-alma-e-historia-desta-terra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.