Román Rodríguez defende a figura do profesor como piar da calidade do sistema educativo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación participa na inauguración do X Encontro hispano-luso, un foro educativo impulsado pola organización sindical Anpe
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 30 de maio de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, defende a figura do profesor como "a pedra angular" da calidade do sistema educativo. Así o sinalou hoxe con motivo da súa participación no X Encontro hispano-luso que baixo o lema Somos docentes: valorizamos o ensino, organizado polo sindicato Anpe para afondar sobre os desafíos do sistema educativo entre España e Portugal.
Román Rodríguez, que agradeceu a invitación a este encontro, aproveitou para reivindicar o papel fundamental que desempeñan os docentes na consolidación dun modelo coma o galego que ostenta o liderado en cuestións como inclusión, equidade ou igualdade. O titular de Educación do Goberno galego recoñeceu a contribución de Anpe para sacar adiante o Acordo de Melloras para sentar as bases do sistema educativo galego dos vindeiros anos con decisións pioneiras e históricas como a baixada paulatina de rateos, a ponderación do alumnado con necesidades especiais ou a mellora das condicións do profesorado, entre outras.
Nesta mesma liña, o conselleiro apelou a seguir colaborando "desde o diálogo permanente" para valorizar a figura do profesor como a máxima autoridade dentro da aula, respectada a nivel académico, profesional e persoal. Así mesmo, reivindicou de novo acadar un acordo a nivel estatal para o deseño dunha carreira profesional docente que prestixio a profesión de ensinante.
No acto, o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Manuel Vila, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez.