María José Gómez salienta a importancia do sector cárnico para a economía galega e a súa relevancia internacional

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega do XIX Premio Nacional de Gastronomía Tradicional "Lola Torres" ao Consello Regulador das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega e Vaca Galega e Boi Galego
  • Gómez destacou que estas IXP contan cuns 8.500 produtores e no pasado ano acadaron un valor económico de en torno a 177 millóns de euros
  • Puxo en valor o apoio da Xunta a este eido produtivo con actuacións como a Estratexia de dinamización do sector cárnico para situar a Galicia como rexión referente na produción de carne de calidade e para impulsar a súa competitividade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe na entrega do XIX Premio Nacional de Gastronomía Tradicional "Lola Torres" outorgado ao Consello Regulador das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Ternera Gallega e Vaca Galega e Boi Galego. Neste sentido, a titular do departamento salientou a importancia que ten o sector cárnico para a economía de Galicia e que esta, á súa vez, conta con estes dous selos de calidade diferenciada recoñecidos xa a nivel nacional e internacional.

En termos económicos, as IXP Ternera Gallega e Vaca Galega e Boi Galego contan cuns 8.500 produtores inscritos e preto 200 industrias. Nesta liña, Gómez resaltou o valor económico dos seus produtos, que se situou en torno aos 177 millóns de euros o pasado ano.

Durante o peche do acto, a titular do departamento recoñeceu o labor que desenvolven os gandeiros e gandeiras galegos á hora de acadar esa excelencia que caracteriza ás carnes que se obteñen na nosa comunidade, poñendo como exemplo aquelas amparadas por estas IXP hoxe recoñecidas. Cualificounas como unha carne "excepcional" que "atrae a consumidores de todo o mundo".

A maiores, quixo poñer o foco no compromiso destes produtores co mantemento da paisaxe tradicional e a conservación das razas autóctonas galegas, traballando sempre dun xeito sustentable co medio ambiente e garantindo o benestar animal. Ao mesmo tempo, destacou os beneficios sociais que aporta o sector cárnico, xa que cada vez máis mozos e mozas se incorporan á actividade agraria e desenvolven o seu proxecto de vida no rural.

Apoio ao sector

Na súa intervención, a titular de Medio Rural lembrou a Estratexia de dinamización do sector cárnico, elaborada para situar a Galicia como rexión referente na produción de carne de calidade e para impulsar a súa competitividade, así como unha liña de axudas convocada no 2023 para os produtores de Ternera Gallega, dotada con 12 millóns de euros.

Ademais, tamén salientou a importancia da promoción deste tipo de produtos de calidade diferenciada á hora de situalos como referentes nos mercados, mellorando a súa competitividade.

Premio Nacional de Gastronomía Tradicional "Lola Torres"

A Fundación Amigos de Galicia organiza a entrega deste premio en colaboración co Concello do Grove, a Axencia Galega de Turismo e o Centro Superior de Hostalería de Galicia. Este galardón nace en 2002 como homenaxe a todos os cociñeiros galegos e á cociña tradicional da nosa comunidade. Ten como finalidade resaltar a gastronomía daqueles restaurantes que leven como mínimo 25 anos traballando en cociña tradicional, atendendo principalmente aos produtos autóctonos da súa zona.

Nesta XIX edición, o acto celebrouse no edificio Cinc da Cidade da Cultura e tamén estiveron presentes o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Ramiro Varela; o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos; o subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Luis Rial; e o presidente da IXP Ternera Gallega e Vaca Galega e Boi Galego, Jesús González.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/05/2025
1035603 {"title":"María José Gómez salienta a importancia do sector cárnico para a economía galega e a súa relevancia internacional","published_date":"2025-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/184926-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1035603"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-30/1035603-maria-jose-gomez-salienta-importancia-do-sector-carnico-economia-galega-e-sua-relevancia-internacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.