Preto de 600 centros empregarán o vindeiro curso o modelo de ensino híbrido do proxecto E-Dixgal
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Consellería de Educación publica hoxe a resolución da convocatoria deste ano, na que saen da iniciativa 14 centros e dous amplían cursos
- Os centros que desexen incorporar manuais en papel para combinar co ordenador poderán solicitalo ata o 20 de xuño e a Xunta dotaraos cun fondos de libros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025
Un total de 599 centros educativos que imparten ensinanzas de Primaria e Secundaria empregarán o vindeiro curso o modelo de ensino híbrido voluntario do proxecto E-Dixgal, segundo a resolución publicada hoxe. Todos eles xa participaban na iniciativa actualmente, polo que non se producen novas incorporacións. Si hai dous centros que pediron incrementar o número de cursos no proxecto, en concreto os colexios CPR Sagrado Corazón, de Ribeira, e CPR Divino Maestro, de Ourense. Así mesmo, deciden saír do proxecto 14 centros.
Cómpre lembrar que a Xunta está a desenvolver un proceso se actualización do proxecto, co obxectivo de reforzar o seu carácter híbrido. Para iso, introduciranse xa no vindeiro curso melloras, como a dotación aos centros E-Dixgal de libros de texto, que a Xunta prestará de xeito gratuíto ao alumnado en función da renda familiar.
Os centros integrados poderán incorporar por primeira vez ata tres libros de texto na etapa de Primaria e de dous libros na de Educación Secundaria, nas materias que elixan libremente, combinando así ordenadores e manuais en papel. Para facilitar a súa adquisición, a Consellería dotaraos dun fondo de manuais que se prestarán de xeito gratuíto seguindo os mesmos criterios de renda que xa operan actualmente para outras axudas da Consellería. É dicir, para as rendas iguais ou inferiores a 10.000€ per cápita.
No caso de que superen os umbrais de renda que rexen para o fondo de libros, as familias poderán beneficiaranse das novas desgravacións fiscais de ata 105€ por fillo que a Xunta vai a poñer en marcha por primeira vez, para rendas per cápita superiores aos 10.000€ e ata 30.000€. A incorporación de libros en papel será, en todo caso, unha decisión voluntaria por parte de cada centro e teñen de prazo ata o día 20 de xuño para comunicarlle á Consellería a decisión.
Entre as melloras figuran tamén o reforzo dos contidos dixitais de calidade a través de cREAgal, unha nova ferramenta xa en marcha na que o profesorado deseña e comparte recursos didácticos de elaboración propia; a incorporación de novas materias con contidos en inglés e a revisión dos materiais xa existentes co fin de continuar optimizándoos para a mellor utilización na aula.
Outro dos eidos onde se fai fincapé é o da formación no ámbito do profesorado, que vai contar cun itinerario formativo específico vencellado ao desenvolvemento do modelo mixto, así como o reforzo das actividades contempladas no Plan dixital de centro dirixidas ao alumnado sobre a navegación segura, a protección da privacidade e os riscos do mundo dixital.
O apartado do benestar dixital é outro dos aspectos que recibe un novo impulso a través dun plan cuxa elaboración iniciou a Consellería xa cunha xuntanza de traballo con expertos do eido da pedagoxía, a pediatría, a psicoloxía e a tecnoloxía. Ademais, vanse deseñar accións formativas dirixidas ás familias que se canalizaran a través das Escolas de nais e pais, con formación nos propios centros e, por primeira vez, nos centros de formación e recursos das cidades.
O proceso de revisión e actualización de E-Dixgal desenvolverase en dúas fases, a primeira das cales arrancará xa en setembro. Ampliarase no curso 26-27, unha vez que se aprobe a Lei de educación dixital actualmente en elaboración, que estará orientada a regular este modelo híbrido. Os cambios buscan adaptar o proxecto ás novas realidades e á evolución social e pedagóxica, dando resposta ademais ao sentir da comunidade educativa ao respecto do uso das pantallas. Cómpre lembrar que, neste sentido, xa se avanzou en cuestións como a prohibición do uso dos teléfonos móbiles nas aulas.
Participación voluntaria
A entrada e saída ao proxecto E-Dixgal é totalmente voluntaria por parte dos centros con varios requisitos, entre eles o apoio previo do Claustro do profesorado e do Consello Escolar, onde están representadas as familias. Ademais, deben ter rematada a súa permanencia no programa.
Seguindo estas premisas os 14 centros que saen do programa E-Dixgal o vindeiro curso son, na provincia da Coruña, o Instituto IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol) e o Colexio CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela). Na provincia de Lugo, saen o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada), o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz (Meira), o CEIP O Salvador (A Pastoriza) e o IES do Camiño (Palas de Rei); mentres que na de Ourense son os colexios CPR Plurilingüe Concepción Arenal e CPI Plurilingüe José García García, ambos da capital de provincia, e o IES Cosme López Rodríguez (A Rúa). Na provincia de Pontevedra saen de E-Dixgal o IES Monte da Vila (O Grove), o CPR Plurilingüe La Inmaculada (Marín), o IES de Mos (Mos), o CEIP Mallón (Nigrán) e o IES Val do Tea (Ponteareas).