O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba un suplemento de crédito de 1,1 M€
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno do organismo, na que se aprobou a conta xeral co incremento para facerlle fronte á suba salarial acordada cos traballadores
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 30 de maio de 2025
O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo, integrado pola Xunta e a Deputación de Lugo, aprobou hoxe un suplemento de crédito por importe de 1,1 millóns de euros para facerlle fronte á suba salarial acordada no novo convenio colectivo. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron no pleno do organismo, no que se aprobou tamén a conta xeral do exercicio.
Coa aprobación do suplemento, o presuposto de 2025 pasa de 7,6 a 8,7 millóns de euros para a prestación do servizo. Deste total, a Xunta achega o 50% e a Deputación outro tanto. A suba enmárcase no convenio asinado a comezos de ano, no que se recolle, ademais do aumento salarial, a incorporación de 26 efectivos, redución da xornada laboral ata 1.642 horas anuais, recoñecemento como persoal laboral fixo desde a data de subrogación (1 de maio do 2019), melloras no equipamento e roupa de traballo, redución da mobilidade entre parques comarcais do persoal, axudas sociais ou a disposición de días de asuntos propios, entre outras melloras.
A Xunta e a Deputación lucense colaboran no funcionamento da media ducia de parques comarcais de bombeiros que dependen do Consorcio, con sedes en Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro. O Goberno galego mantén o seu compromiso na atención ás emerxencias en todo o territorio galego, neste caso para apoiar a actividade dos parques de bombeiros da comunidade, a través dos consorcios. Ademais, a Xunta colabora cos servizos de emerxencias dos concellos tanto no seu funcionamento como na dotación de equipamento.