A Xunta impulsa a proxección de gañadores do 'Xuventude Crea' incorporándoos no cartel do Festival Orballo Cultural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, salienta o compromiso do Goberno galego en difundir e darlle visibilidade ao talento mozo que sae deste certame
- Incorporaranse a dez artistas que resultaron premiados nas disciplinas de música, DJ e danza e serán os encargados de abrir cada un dos oito concertos
- As actuacións arrancan este sábado na Estrada e percorrerá Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 30 de maio de 2025
A Xunta vai impulsar a proxección de gañadores do Xuventude Crea 2024 incorporándoos ao cartel do Festival Orballo Cultural, que dará comezo este sábado, día 31, na Estrada e que tamén se celebrará nos concellos de Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo. Así o deu a coñecer hoxe a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, quen considerou esta inclusión unha "demostración máis da aposta do Goberno galego por difundir e darlle visibilidade ao enorme talento emerxente que sae deste certame".
A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, explicou que abrirán cada un dos concertos do Orballo cultural dez artistas que resultaron premiados nas disciplinas de música, Dj e danza do último Xuventude Crea, do que destacou que supuxo a ampliación do número de disciplinas, ata un total de 16, e fixo fincapé no "grande éxito de participación con máis de 600 participantes, dobrando o número do pasado ano".
En concreto, Lara Meneses explicou que participarán no Orballo Cultural os gañadores do primeiro, segundo e terceiro premio da categoría de música: Sara Gimeno, Juan Arca e Pablo Sexto, quen actuará en formato trío con Roi Alfonso e Davi Somavilla. Tamén se sumarán á apertura dalgunha das oito actuacións os DJ Lidia Fraga e Jorge Luis Pardo, segunda e terceiro nesta disciplina. Ademais, tamén participará o primeiro premio en danza, Judith Roca, e o grupo que se fixo co terceiro posto nesta categoría do Xuventude Crea e que está integrado por Daniel Suárez, Alba Mejide e Bruno Orosa.
O Orballo Cultural forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo e ten xa confirmadas as actuacións de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre como apertura o vindeiro sábado na Estrada, ademais de Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus e The Limboos.