A Xunta colabora na adquisición dun vehículo ECO para os servizos ambientais do concello de Beade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Administración Local visitou este municipio para comprobar as prestacións do novo vehículo adquirido ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental
  • O Goberno galego destinou máis de 11 millóns de euros nesta liña de axudas para impulsar investimentos destinados á protección dos espazos naturais e o coidado do medio ambiente
Imagen del artículo A Xunta colabora na adquisición dun vehículo ECO para os servizos ambientais do concello de Beade
Beade (Ourense), 30 de maio de 2025

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o concello de Beade, ao que se lle concedeu unha achega de máis de 17.500 euros para a adquisición dun vehículo eco destinado á realización de servizos ambientais ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que este ano contou cun orzamento de 11,2 millóns de euros.

Segundo indicou Natalia Prieto, a adquisición de vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco, así como os destinados a actuacións a prol da contorna natural e para a recollida e traslado de residuos é un dos principais obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental.

Tamén se puideron acoller ao FCA campañas divulgativas e de sensibilización sobre boas prácticas ambientais ou melloras de eficiencia enerxética nas instalacións municipais, xa sexa na envolvente do edificio, iluminación e climatización interior e instalación de caldeiras de biomasa, paneis solares térmicos ascensores eficientes ou sistemas de aforro de auga.

Outras iniciativas subvencionables son as infraestruturas destinadas á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais (centros de interpretación, aulas de natureza, paseos, áreas recreativas, rutas de sendeirismo...), as actuacións a prol da integración paisaxística nos núcleos rurais e os proxectos para evitar a degradación e facilitar o control ambiental no ámbito municipal e axudar a cubrir os gastos do persoal vinculado á execución das accións subvencionables.

A través do Fondo de Compensación Ambiental contribúese a acadar unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e, ao mesmo tempo, un descenso na factura de enerxía dos concellos. O FCA conta con dúas liñas, unha non competitiva, dirixida aos concellos nos que haxa parques eólicos ou afectados pola conexión ou vía de evacuación, e a liña competitiva, destinada a todos os municipios e a mancomunidades ou consorcios locais que presenten os seus proxectos.

A Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, á que pertence o concello de Beade, tamén foi beneficiaria dunha axuda de 34.500 euros para sufragar os custos de mantemento dos servizos de recollida de lixo, lumes e inversións asociadas.

Máis de 700 actuacións en 2024

A directora xeral de Administración Local puxo en valor o compromiso da Xunta cos concellos galegos coa distribución este ano pasado de máis de 32 millóns de euros na execución de case 700 proxectos municipais. Neste montante inclúense os 93 concellos de menos de 15.000 habitantes beneficiarios da liña do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local de máis de 5 millóns de euros cos que precisamente tamén levar a cabo traballos de eficiencia enerxética; as 104 entidades financiadas cos 3,5 millóns da Orde de infraestruturas de uso público; as máis de 200 que recibiron achegas do Fondo de Compensación Ambiental, ou os 20 proxectos de carácter estratéxico financiados con máis de 8,2 millóns de euros.

Por outra parte, 185 concellos obtiveron axudas por 1,5 millóns ao abeiro da orde de socorrismo e outros 11 da destinada á contratación de auxiliares de Policía Local.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/05/2025
1035323 {"title":"A Xunta colabora na adquisición dun vehículo ECO para os servizos ambientais do concello de Beade","published_date":"2025-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/184820-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1035323"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-30/1035323-xunta-colabora-na-adquisicion-dun-vehiculo-eco-os-servizos-ambientais-do-concello-beade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.