Alianza da Xunta e o IIM-CSIC para o estudo integral das condicións sedimentarias óptimas para a mellora da produtividade de bivalvos dos bancos marisqueiros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro do Mar puxo en valor a colaboración do sector dado que nesta nova acción colabora a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra xunto a Universidade de Vigo
- Esta iniciativa, que será desenvolvida ata o ano 2027, conta cun orzamento de case 200.000 euros e pretende contribuír á mellora da produtividade de bivalvos nos bancos marisqueiros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 30 de maio de 2025
A Xunta e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), colaboran na realización do proxecto Marislab para abordar o estudo integral das condicións sedimentarias óptimas para a mellora da produtividade de bivalvos nos bancos marisqueiros. O acordo, asinado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o vicepresidente do CSIC, Carlos Closa, afonda na alianza do Goberno galego e os centros de investigación mariña para o desenvolvemento de accións que permitan deseñar solucións eficaces aos principais retos que afronta na actualidade o sector pesqueiro e marisqueiro.
Alfonso Villares puxo en valor participación do sector dado que esta nova acción está enmarcada na Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia (Redemar). Nesta ocasión colabora a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra xunto a Universidade de Vigo coa finalidade é coñecer a porción máis axeitada entre area e lodo en sedimentos así como os factores bioquímicos que favorecen a presenza e crecementos de especies de bivalvos de valor comercial para ser explotados nas zonas de produción. Este traballo permitirá saber máis sobre a correlación entre os forzantes físicos oceanográficos, as propiedades texturales e bioxeoquímicas dos sedimentos coa abundancia de recurso.
O proxecto, que está composto por catro fases, prevé a creación da primeira caracterización multifactorial dos bancos marisqueiros de Lourido e Praceres, a determinación da porcentaxe óptima de sedimentos para a creación e alimentación de novos bancos así como dos patróns morfodinámicos. Tamén recolle o desenvolvemento dun protocolo específico para a circulación de información para divulgar os resultados mediante seminarios e obradoiros en colaboración coas confrarías e intercambiar os datos máis relevantes.
A iniciativa, cuxos traballos prologaranse ata o ano 2027, conta cun orzamento de case 200.000 euros que contan con cofinanciación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa) nun 70%. Nesta liña, o titular de Mar puxo en valor a aposta decidida da Xunta pola investigación que permitiu poñer en marcha diferentes actuacións que supuxeron a mobilización de 24 millóns de euros por parte deste departamento autonómico a investigación con centros punteiros como o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) que cumpre este ano o seu 50 aniversario, ou o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar).