Valentín García pon en valor a figura de Ramón Piñeiro polo alento do espíritu galego na celebración do 110º aniversario do seu nacemento
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou hoxe en Santiago de Compostela a edición comentada de Filosofía da Saudade, de Ramón Piñeiro, a obra editada pola Xunta de Galicia para conmemorar a celebración do 110º aniversario do nacemento do escritor, político e filósofo que foi unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX e homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2009.
No acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude fixo fincapé no legado de Ramón Piñeiro como recoñecido galeguista "sempre moi comprometido coa difusión da cultura e da lingua galega en todos os ámbitos, acción coa que o Goberno galego se amosa firmemente comprometido". Neste senso, resaltou o acercamento das grandes figuras da nosa terra a toda a sociedade porque os seus textos axúdannos a comprender o mundo no que vivimos hoxe, tal e como ven facendo a través dos seus estudos o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.