Medio Rural salienta a importancia da investigación no sector vitivinícola
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou esta mañá na Asemblea Xeral de Socios da Plataforma Tecnolóxica do Viño, da que é socia e membro da xunta directiva
- Martín Alemparte puxo en valor o labor levado a cabo por esta entidade para impulsar e establecer unha estratexia común de I+D+i neste eido
- A Consellería do Medio Rural vén colaborando dende hai anos con esta plataforma para ampliar o seu alcance, reforzar as súas capacidades e contribuír a consolidar a investigación vitivinícola nos ámbitos nacional e internacional

Ourense, 30 de maio de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou esta mañá na Asemblea Xeral de Socios da Plataforma Tecnolóxica do Viño (PTV) que se celebra hoxe no Liceo de Ourense. Alí puxo en valor a aposta pola investigación levada a cabo por esta entidade para impulsar e establecer unha estratexia común de I+D+i para o sector do viño en España. Asemade, lembrou a colaboración existente entre a Axencia e a plataforma a prol deste obxectivo.
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, é socia promotora da Plataforma Tecnolóxica do Viño e forma parte da súa xunta directiva. Traballan de forma conxunta dende a súa creación o que permitiu, dende a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, para ampliar o seu alcance, reforzar as súas capacidades, consolidar o seu papel clave na investigación vitivinícola a nivel nacional e internacional, así como incrementar a súa visibilidade como centro de referencia en viticultura atlántica.
Neste contexto, a Axencia apoiou diversas iniciativas de investigación en programas nacionais e europeos, tanto en convocatorias públicas como en accións estratéxicas sectoriais. Así, destacan proxectos como VITICONTROL, actualmente en desenvolvemento en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o INRASA-CSIC de Salamanca, que ten como obxectivo a promoción dunha viticultura máis sostible e respectuosa coa contorna, aliñándose coas políticas de transición ecolóxica e dixital apoiadas dende a PTV.
Alemparte lembrou que a Consellería colabora no proxecto VITISCLIMADAPT, coordinado polo instituto de Ciencias da Vide e o Viño e promovido pola PTV, a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. O fin último é promover a adaptación xenética da vide fronte aos desafíos do cambio climático, mediante a coordinación e a potenciación dos esforzos dos diversos grupos de investigación de España.
O director da Axencia remarcou a importancia da participación da Consellería na iniciativa Rede de Observatorios de Cambio Climático que está a avaliar a resliencia varietal, na que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia asume un papel estratéxico garante do rigor técnico e de nodo co sector privado. No proxecto compáranse un conxunto de variedades establecidas en distintos puntos da xeografía española, que permitirá establecer patróns de resposta que sirvan de base para desenvolver estratexia de adaptación vitícola no territorio nacional.