María José Gómez enxalza a innovación como ferramenta para impulsar o sector vitivinícola galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A titular do departamento participou esta mañá na apertura do encontro anual da Plataforma Tecnolóxica do Viño, que tivo lugar no Liceo de Ourense
- Gómez alentou á colaboración entre investigadores, produtores, adegueiros e entidades públicas para seguir situando Galicia como referente
- A conselleira fixo referencia ao traballo levado a cabo pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, que está "á vangarda" en proxectos de investigación vencellados coa resistencia das variedades de uva ás enfermidades, entre outros
- Gómez destacou que coa colaboración dos actores implicados, e co apoio de entidades como a Plataforma Tecnolóxica do Viño, poderanse afrontar os desafíos para "convertelos en oportunidades para o sector"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 29 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou esta mañá na apertura do encontro anual da Plataforma Tecnolóxica do Viño que tivo lugar no Liceo de Ourense, onde salientou a importancia da innovación para impulsar o sector vitivinícola galego.
María José Gómez asegurou que "é fundamental que traballemos xuntos" co fin de afondar no desenvolvemento da investigación, a innovación e a sustentabilidade na produción de viño. Así, alentou á colaboración entre investigadores, produtores, adegueiros e entidades públicas para seguir situando Galicia como referente vitivinícola.
A conselleira fixo referencia ao traballo levado a cabo pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, adscrita á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que está "á vangarda" en proxectos de investigación vencellados coa resistencia das variedades de uva ás enfermidades, así como en iniciativas para optimizar as técnicas de cultivo e a xestión eficiente da auga. Gómez puxo en valor este labor, especialmente nun contexto caracterizado polas condicións climáticas cambiantes.
Así mesmo, sinalou a necesidade de aplicar a innovación nos procesos de produción e dixitalización das adegas; así como de impulsar a investigación no eido das novas tecnoloxías de fermentación, control da calidade e rastrexabilidade, co fin de manter a competividade no mercado global.
Gómez destacou que coa colaboración dos actores implicados, e co apoio de entidades como a Plataforma Tecnolóxica do Viño, poderanse afrontar os desafíos para "convertelos en oportunidades para o sector". Seguindo esta liña, afirmou que o Goberno autonómico mantén unha relación fluída con este eido, "baseada no diálogo, o intercambio de iniciativas e as axudas ao sector".
Sector vitivinícola en Galicia
O sector vitivinícola ten un importante peso na economía da comunidade. Este eido está estreitamente ligado coa calidade e Galicia conta con ata cinco denominacións de orixe de viño (Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra) cun valor económico estimado que supera os 350 millóns de euros e ocupa a máis de 10.000 viticultores e preto de 500 industrias. Asemade, contribúe de xeito significativo á creación de emprego no medio rural.