A Xunta sacará a licitación este mesmo ano as obras de rehabilitación integral do CEIP A Gándara, en Narón, por un importe estimado de 1,6 M€
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou esta mañá á dirección do centro do estado de tramitación do proxecto para o centro naronés que se atopa neste momento en supervisión
- A intervención contempla o cambio da cuberta e das carpinterías exteriores, a mellora da envolvente térmica e a implantación de iluminación tipo LED
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ferrol, 29 de maio de 2025
A Xunta licitará este mesmo ano as obras de rehabilitación integral do CEIP A Gándara. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, mantiveron esta mañá unha reunión coa dirección do centro á que se lle trasladou o traballo realizado ata o momento para que o CEIP A Gándara conte cunhas instalacións modernas e adaptadas ás novas necesidades educativas.
Así o departamento autonómico xa ten redactado o proxecto para acometer esta actuación que, neste momento, se atopa en supervisión e cuxo investimento está estimado en 1,6 M€.
A intervención contempla o cambio de cuberta e das carpinterías exteriores de todo o edificio. Para mellorar a eficiencia enerxética na envolvente térmica do edificio aplicarase o sistema de illamento térmico exterior (SATE) e substituirase a iluminación actual por outra de tipo LED.
A delegada territorial sinalou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está modernizando os centros de ensino, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas actuais.
Lembrou ademais que ao abeiro deste plan, a Xunta está acometendo nos últimos anos actuacións de mellora nos centros educativos de Narón como a instalación de ascensores no propio CEIP A Gándara, así como CPI O Feal ou no CEIP Plurilingüe Virxe do Mar.
"Continuamos planificando as actuacións de xeito progresivo en función das necesidades que requiren os diferentes centros educativos", indicou Aneiros quen lembrou que en Galicia hai actualmente máis de 1.600 edificios cunha antigüidade media de 40 anos.