Lete destaca o atractivo do Gran Fondo Ézaro, "unha das mellores ramplas do ciclismo mundial", que este ano terá a Purito Rodríguez como padriño
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral para o Deporte destacou a excelente imaxe de Galicia no ciclismo mundial como demostran as 33 etapas galegas na Vuelta a España nos últimos dez anos entre as que destacan os finais no Ézaro de 2012, 2016 e 2020, sendo o ciclista catalán o seu primeiro gañador
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago, 28 de maio de 2025
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do 'Gran Fondo Ézaro - Fin do Camiño' 2025 que terá lugar o vindeiro 6 de xullo co apoio da Xunta de Galicia "nunha das mellores ramplas do ciclismo mundial que mira aos ollos a outros grandes portos como o Tourmalet, a Casse Déserte, o Stelvio, o Mortirolo, o Angliru ou a Bóla do Mundo".
O mandatario galego destacou a excelente imaxe de Galicia no ciclismo mundial como demostran as 33 etapas galegas na Vuelta a España nos últimos dez anos entre as que destacan os finais no Ézaro de 2012, 2016 e 2020. Precisamente, a primeira vez que a fervenza do Xallas entrou no itinerario da ronda española, o gañador foi Joaquim 'Purito' Rodríguez, "un dos mellores ciclistas da historia que conta con podios nas tres Grandes Voltas e tamén no mundial en ruta" e que será o padriño desta edición do Ézaro. Deste xeito, o seu nome únese o de grandes mitos do ciclismo como os de Miguel Indurain, Claudio Chiapucci, Alex Zülle, Tony Rominger, Pavel Tonkov, Marino Lejarreta, Joseba Beloki, Samuel Sánchez ou Roberto Heras.
Grazas a estes embaixadores, dixo Lete Lasa, ao redor dun milleiro de afeccionados chegan cada ano ao Gran Fondo Ézaro para desafiarse ante unha "rampla diabólica con una subida sostidade 2 quilómetros ao 15% y costas do 30%" pero localizada nunha paisaxe exclusiva como é "a única fervenza de todo o continente que verte as augas dun río, o Xallas, directamente ao océano Atlántico". Unha forma, como tantas outras que ofrece Galicia, de xuntar "natureza, turismo e deporte para o beneficio da sociedade".